O colexio Santa Lucía súmase ao plan de compostaxe municipal de Moraña
Por Redacción
O plan de compostaxe do Concello de Moraña ten desde este martes un novo colaborador. O CPI Plurilingúe de Moraña xa conta co seu propio equipo comunitario para o tratamento dos residuos orgánicos que se produzan no centro, especialmente os procedentes do comedor escolar e das merendas do alumnado.
A alcaldesa Luísa Piñeiro visitou o colexio para comprobar a colocación do composteiro no patio traseiro e dar unha pequena charla sobre o seu funcionamento aos escolares.
Despois de 16 meses desde a posta en marcha do plan municipal de compostaxe, o servizo xa ten adheridas a oitenta familias da zona rural e desde agora ao colexio, cunha comunidade escolar que rolda as 500 persoas.
O obxectivo do goberno local pasa por seguir ampliando o volume de participantes neste plan que cada vez xera máis interese entre a cidadanía. "Ademais de compostar sirve para seguir concienciando aos nenos da necesidade de separar e reciclar os residuos para protexer o medio ambiente", valorou Piñeiro.
Doutra banda, o Concello achegou ete martes terra para a elaboración do horto que están a construír os estudantes de Primaria e Secundaria.