A reforma de Pasantería será a próxima actuación municipal no centro histórico
Por Alejandro Espiño
Tras as sucesivas obras de reforma urbana que permitiron remodelar de xeito integral todo o ámbito de Santa María, o Concello xa traballa para continuar mellorando o aspecto do centro histórico da cidade. O seu próximo obxectivo será a rúa Pasantería.
Así o avanzou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que destacou que o goberno municipal está pendente de actuar nunhas nove ou dez rúas do centro histórico, que se irán reformando "a medida que teñamos dispoñibilidade orzamentaria".
Os técnicos xa traballan no proxecto para reformar Pasantería, una das máis transitadas do centro histórico, ao conectar A Ferrería coa Praza da Leña e contar con varios centros importantes de actividade como é o edificio sindical e o Museo de Pontevedra.
A falta de coñecer os detalles desta actuación, o que é seguro é que a remodelación desta zona incluirá a renovación do pavimento, a mellora de iluminación e a instalación de todos os servizos soterrados que, segundo Fernández Lores, "á larga é o que máis se valora".
Isto permitirá, entre outras cuestións, que Pasantería teña novas redes de gas, cable e internet, alumeado, abastecemento de auga ou saneamento.
Relacionadas:
-
Rompen unha porta da UXT para durmir no interior dun local do sindicato
Por Anxo Lourido |
-
Un edificio en ruínas do centro histórico convertirase en pensión e restaurante
Por Alejandro Espiño |
-
Santa María estrea a renovada imaxe de San Martiño e a nova baixada cara o Parador
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |