A marea sorprende a un barco en Bueu e déixao balanceándose sobre unha rocha
Por Oskar Viéitez
Sucedeu ás oito e media da mañá deste mércores en Punta Tremiño, moi preto do Cabalo, na parroquia de Beluso en Bueu.
O barco de baixura "Mar aberto" faenaba preto da praia de Sartaséns cando "un súbito cambio de marea" fixo encallar á embarcación sobre unhas rochas.
Segundo informa a Policía Local de Bueu, os dous tripulantes encóntranse perfectamente dentro da embarcación á espera de que suba a marea e o barco recupere a súa flotabilidade de forma natural.
Mentres tanto apenas móvense dentro do barco para evitar que o balanceo produza danos no casco da nave.
Este é o segundo accidente singular que se rexistra en Bueu nesta semana, tras o rescate a un parapentista que pasou tres horas colgado dun piñeiro.