Interceptan en Poio dous condutores co permiso caducado ou sen puntos
Por Redacción
Axentes da Policía Local de Poio interceptaron durante esta semana de Entroido a dous condutores que circulaban polas estradas do municipio a pesar de que o seu permiso de conducir perdera a súa vixencia, ben porque caducara ben por carecer de puntos.
Estas foron dúas das intervencións que a Policía Local levou a cabo a través dunha serie de controis que foi realizando nos últimos días.
Así, ademais destes dous condutores sen carné, os axentes descubriron dous coches sen o seguro obrigatorio e varios coa ITV caducada.
Ademais, tres persoas deron positivo nas probas de alcoholemia e unha máis por drogas.
Todas estas infraccións foron comunicadas a Tráfico ou aos xulgados, en función da gravidade de cada un destes episodios.
Relacionadas:
-
Case corenta pontevedreses perderon o carnet por controis de Tráfico e as policías locais
Por Redacción |
-
Controis en Poio: Un positivo en alcol, catro vehículos coa ITV caducada e un sen seguro
Por Redacción |
-
Un camión xira mal no Porto de Combarro e provoca un efecto dominó causando danos en catro barcos
Por Redacción |
-
Detido o sospeitoso de roubar un móbil a un menor en Poio
Por Redacción |