O Poli Paco inicia as charlas de educación viaria nos colexios de Sanxenxo
Por Redacción
O Poli Paco acompañado do seu sobriño Paquito ofreceu unha clase maxistral sobre educación viaria no CEIP Telleiro de Noalla onde continuarán coa formación ata o vindeiro xoves.
Os alumnos de Infantil e Primaria do centro educativo, ao redor de sesenta, aprenderon e, noutros casos, reforzaron coñecementos como a importancia de cruzar sempre por un paso de peóns, baixar do vehículo polo lado sempre da beirarrúa, a importancia do uso do casco na bicicleta e moto e que facer en caso de emerxencia.
O axente Abelardo Martínez e Manuel Martínez está á fronte deste programa no que se achegan aos escolares de forma lúdica e educativa con grandes resultados que chega con algúns cambios. "Este ano queremos que a formación sexa máis interactiva e que os nenos participen máis", explica Abelardo Martínez.
Nos próximos días, a formación será práctica e para iso prevese a instalación dun circuíto no pavillón do colexio no que os nenos e nenas do colexio poderán poñer en práctica o aprendido.
A próxima semana estarán en Nantes, que ademais incluirá un simulacro de evacuación de autobús en caso de incendio. En maio, alumnos do centro tamén participarán en Roteiros sobre Seguridade Viario. No colexio Abrente, a formación desenvolverase entre o 23 e o 3 de abril; na Florida, entre o 15 e o 24 de abril e en Portonovo, as clases serán en maio durante once días.
Relacionadas:
-
Ponle Freno premia ao policía local Abelardo Martínez pola súa implicación na educación viaria
Por Redacción |
-
O circuíto de educación viaria do colexio A Florida, entre os finalistas dos premios 'Ponle Freno'
Por Redacción |
-
Educación viaria e medioambiental nos colexios de Portonovo e A Florida
Por Redacción |