A concesionaria do ximnasio de Campolongo advirte ao Concello da imposibilidade de execución temporal do contrato

Por Oskar Viéitez
A concelleira de Seguridade Cidadá do Concello de Pontevedra, Eva Vilaverde, volveu a actuar este luns como portavoz do Executivo local para informar os medios de comunicación por videoconferencia dos contidos abordados pola Xunta de Goberno que se reuniu esta mañá para "tratar de manter toda a actividade que é posible e un mínimo de normalidade", comentou.
Así, entre os contidos abordados na orde do día destaca a toma de coñecemento da "imposibilidade de execución" do contrato no Complexo deportivo (piscina municipal) de Campolongo por mor da actual crise sanitaria debida á epidemia do coronavirus.
No Real Decreto-lei que activa o Estado de Alarma contémplase para estas situacións que a Administración local para combater os prexuízos causados polo peche dará dereito ao concesionario ao restablecemento do equilibrio económico do contrato mediante, segundo proceda en cada caso, a ampliación da súa duración inicial ata un máximo dun 15% ou mediante a modificación das cláusulas de contido económico incluídas no contrato.
O que está a solicitar neste momento a empresa Be One Serviocio é que o Concello recoñeza expresamente o que, por desgraza, sucedeu: a imposibilidade de execución temporal do contrato.
Cando se recupere a normalidade será o momento no que a empresa concesionaria poderá cuantificar e acreditar os danos e prexuízos efectivamente sufridos, os ingresos deixados de percibir nese período e o incremento dos custos soportados, e procederá entón á súa oportuna xustificación e reclamación, co obxecto de restablecer o equilibrio económico do contrato.
Relacionadas:
-
O ximnasio de Campolongo reabre as súas portas o 22 de xuño
Por Redacción |
-
Vilagarcía reabre o luns a piscina municipal co horario habitual e un completo protocolo hixiénico sanitario
Por Redacción |
-
Autorizada a continuación do contrato de concesión das piscinas de Campolongo
Por Oskar Viéitez |
-
Lanzan unha pedra desde un edificio en Campolongo a unha persoa que paseaba ao seu can
Por Redacción |
-
O goberno local xa pensa nas festas de Santiaguiño, Peregrina e Feira Franca
Por Oskar Viéitez |
-
Animan os pontevedreses a apuntarse ao plan #YoEntrenoEnCasa para exercitarse na corentena
Por Alejandro Espiño |
-
O ximnasio de Campolongo conxela as cobranzas e devolverá as cotas dos servizos non prestados
Por Redacción |
-
Os ximnasios tamén pechan debido ao avance do coronavirus
Por Redacción |