O proxecto para reformar a PO-234 entre Laxoso e Portasouto estará redactado en seis meses
Por Redacción
A mellora da estrada PO-234, entre Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas, vaise a completar cunha terceira fase que reformará o treito que une Laxoso co cruce de Portasouto. E a pesar da crise sanitaria do coronavirus, a súa tramitación segue adiante.
En concreto, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por 18.000 euros o contrato para a redacción do proxecto, que fará a empresa Ingenia Proyectos Técnicos. Terá un prazo de seis meses para entregalo.
A actuación prevé o acondicionamento deste tramo da vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 2+580 e 4+150. Os traballos centraranse na mellora do trazado e na ampliación da calzada ata os sete metros de ancho.
Tamén se actuará nas interseccións e se executarán cunetas de seguridade e melloras da drenaxe transversal e lonxitudinal. Ademais reporanse a sinalización horizontal e vertical e as barreiras de seguridade flexibles.
Esta actuación permitirá completar o acondicionamento desta estrada que conecta os núcleos de Ponte Caldelas e Augasantas.
A execución da mellora desta vía se dividiu en tres fases. Xa está a disposición dos veciños o tramo entre o cruce de Portasouto e Augasantas, que contou cun investimento de máis de 575.000 euros por parte do goberno galego.
Ademais, as obras no treito entre Ponte Caldelas e Laxoso están actualmente en execución, cun orzamento de 650.000 euros, se ben nas últimas semanas se viron afectada pola paralización da actividade asociada á situación de crise sanitaria polo COVID-19.
Relacionadas:
-
Xa se poden presentar alegacións á mellora da estrada PO-234 entre Laxoso e o cruce de Portasouto
Por Redacción |
-
Conclúen as obras de mellora da PO-234 entre Ponte Caldelas e Laxoso
Por Redacción |
-
Andrés Díaz pide á Xunta que faga un bo acceso para o lugar da Sorreira
Por Redacción |
-
A Xunta inicia a segunda fase das obras na estrada PO-234, entre Ponte Caldelas e Laxoso
Por Redacción |
-
Prevén iniciar en setembro a reforma da PO-234 entre Ponte Caldelas e Laxoso
Por Redacción |