Denuncian a mala calidade dos equipos de protección para o persoal de Enfermería
Por Oskar Viéitez
O Sindicato de Enfermería, SATSE, denuncia que as autoridades sanitarias en Galicia expoñen aos seus profesionais sanitarios ao contaxio masivo fronte ao Covid-19 diante da falta de equipos de protección.
Aseguran que esta circunstancia constátase día a día nos distintos servizos hospitalarios na nosa Comunidade nos que os profesionais senten "indefensos" ao recibir EPIs que "distan moito" das recomendacións prescritas polos organismos técnicos reguladores.
Segundo o SATSE na área sanitaria de Pontevedra afirman que a xerencia consente tamén a rebaixa das medidas de prevención "e vivimos con estupor que se pretenda aplicar o ingreso en habitación dobre compartido de pacientes positivos de COVID19 co fin de empezar a abrir unidades para realizar actividade cirúrxica".
Engaden que esta medida foi tomada sen ter en conta a opinión dos profesionais de Enfermería e "sen considerar o risco que han de asumir, baseándose no concepto de illamento por grupos".
As recomendacións iniciais era que o paciente se é posible mantivésese nun cuarto individual xa que non hai sobrecarga de pacientes covid+ no complexo hospitalario de Pontevedra que xustifique que se dobren habitacións.
O Satse alerta que con esta medida tamén se dobra a carga viral que ten que afrontar o profesional de enfermería, e ademais debe facelo "coa metade dos EPI cos que se contaba ao comezo da pandemia" xa que as recomendacións previstas nos protocolos aprobados han ido variando, "e curiosamente diminuíndo en nivel de protección". A isto engaden que a escaseza de EPI está a ocasionar que a homologación dos mesmos tamén variase en canto ao inicialmente esixible para tratar os pacientes illados por Covid positivo. Por tanto, esta medida obrigará a sobreexponerse aos profesionais Sanitarios.
Diante desta situación, SATSE esixe unha vez máis á administración galega que se faga todo o que estea no ámbito da súa responsabilidade para que se dote de maneira adecuada aos profesionais que están a poñer en risco a súa vida para salvagardar a dos cidadáns, e que a actual situación de indefensión non se produza nunca máis no futuro.
Relacionadas:
-
SATSE denuncia un peche de camas "aleatorio" na área sanitaria de Pontevedra
Por Redacción |
-
Sindicatos da área sanitaria piden á xerencia que se investiguen as máscaras de protección que provocan comechón e alerxias
Por Redacción |
-
Persoal de Montecelo critica que se coloquen pacientes con coronavirus en habitacións compartidas
Por Natalia Puga |
-
O persoal do ambulatorio Virxe Peregrina recorre a bolsas de lixo ante a carencia de EPIS
Por Marisa Ciordia |
-
Reclaman apoio psicolóxico para o persoal sanitario que combate o avance de coronavirus
Por Redacción |