Cerdedo-Cotobade celebra a primeira Xunta de Voceiros telemática co apoio da oposición ao labor municipal
Por Redacción
A primeira Xunta de Voceiros que celebra o concello de Cerdedo-Cotobade de xeito telemático convocou aos representantes dos tres grupos municipais: PP, PSOE e BNG..
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, valoraba o resultado desta reunión e destacaba o clima de colaboración institucional entre as tres forzas políticas.
Na xuntanza, na que ademais do rexedor participaron Lina Garrido (PSOE) e Ernesto Filgueira (BNG), comezaba cunha exposición das 15 iniciativas municipais postas en marcha ao longo destas cinco semanas para atender aos veciños. Entre outras, o reforzo do servizo de entrega de alimentos, a atención aos maiores, o transporte de pedidos, a entrega de tarefas educativas, a desinfección de espazos ou o reparto de 7.000 máscaras.
"Enorgulléceme que todos esteamos na mesma dirección, como non podía ser doutro xeito ante unha crise desta magnitude e que fala ben da madurez do pobo e dos representantes de Cerdedo-Cotobade", manifestaba Jorge Cubela en referencia aos compañeiros municipais. Ademais, as propostas manifestadas desde o PSOE e BNG son compartidas polo equipo de goberno, de modo que nalgúns casos xa están implantadas ou próximas á súa posta en marcha.
No encontro, o rexedor tamén concretou as suspensións dos eventos municipais de maio e xuño, como a Feira de Cuspedriños ou o San Xoán de Cerdedo, e pulsou a opinión das demais forzas políticas sobre o futuro dos eventos do verán, como os campamentos, ludotecas ou a Semana do Neno, que se determinarán máis adiante.
Sobre a mesa tamén estivo a preparación do vindeiro pleno, que se celebrará ao longo do mes de maio, tamén de xeito telemático.
Relacionadas:
-
Os menores de Cerdedo-Cotobade contarán con máscaras de protección a partir do martes
Por Redacción |
-
Reanudan as obras públicas en Cerdedo-Cotobade tras a suspensión polo estado de alarma
Por Redacción |
-
Cancelados polo coronavirus a Feira de Cuspedriños e o San Xoán de Cerdedo
Por Redacción |
-
Protección Civil de Cerdedo-Cotobade atende 90 servizos no primeiro mes do estado de alarma
Por Redacción |