Ascenden a 12 os detidos na provincia durante a operación antidroga desenvolvida en varias localidades da Ría de Arousa
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A importante operación antidroga desenvolvida durante este domingo 26 de abril en varias localidades costeiras da Ría de Arousa provocou a detención de 28 persoas.
Segundo informou a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, no marco do operativo dirixido pola unidade do GRECO Galicia e a Unidade Central de Estupefacientes da Policía Nacional, abordouse un buque con bandeira de Togo á altura das Illas Canarias no que se localizaron aproximadamente 4.000 quilos de estupefacientes.
As autoridades detiveron aos 15 tripulantes do barco, todos de nacionalidade africana fóra dun dos ocupantes, de orixe galega.
A partir de aí púxose en marcha un importante despregamento en terra que concluíu con outro bo número detencións en diversos municipios da provincia. Eses detidos atópase actualmente repartidos entre os calabozos das comisarías de Pontevedra (5 deles) e Vigo.
"Es previsible que el buque apresado llegue mañana al puerto de Vigo", confirmou a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, estando previsto entón que os detidos pasen a disposición xudicial tamén na cidade olívica.
A causa está a ser levada polo Xulgado de Instrución número 3 de Vigo, que decretou o segredo de sumario.
Relacionadas:
-
A criminalidade redúcese 8 décimas no primeiro trimestre do 2020 na provincia de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Garda Civil detén no centro urbano de Bueu a un veciño con 45 dose de heroína
Por Oskar Viéitez |
-
Dan por desmantelada a organización de narcotransportistas máis importante de Galicia
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Detencións no Grove e Vilanova no marco dunha operación antidroga na Ría de Arousa
Por Diego Espiño |