Armadores do Gran Sol entregarán 400 quilos de peixe semanais ao Banco de Alimentos
Por Redacción
Os armadores dos cinco buques de Gran Sol da Cooperativa do Mar San Miguel de Marín uníronse para axudar aos veciños con máis necesidades durante a crise sanitaria polo Covid-19.
Os Armadores de Marín achegarán unha media de 400 quilos de peixe á semana ao Banco de Alimentos de Pontevedra, que conta cunha infraestrutura preparada para a repartición deste tipo de mercadoría. Para levar a cabo esta doazón, os armadores acordaron reservar polo menos 150 quilos de peixe de cada descarga, de especies como pescada, rapante ou meiga, principalmente.
Ademais dos comedores sociais, os armadores consideran que os benefactores deben ser tamén as familias de Marín e Pontevedra que só contan cos ingresos procedentes da RISGA, a Renda de Inclusión Social de Galicia, e cuxo número aumentou notablemente desde o inicio da pandemia.
A acción solidaria comezaba este luns 27 de abril co buque Piedras e continuará mañá martes co Udra. Ámbolos dous barcos entregarán o peixe aos traballadores do Banco de Alimentos tras a súa descarga no porto de Vigo e despois este pasará un proceso de preparación previo á súa distribución.
A semana que vén serán o pesqueiros Faro Picamillo, Sanamedio e Río da Bouza os que se sumen á doazón.
A Cooperativa do Mar San Miguel está aberta a que algúns dos seus armadores do litoral se unan a esta iniciativa porque considera que, en momentos como os que vivimos actualmente, "toca estar á beira dos que peor o están vivindo e cónstanos que agora mesmo hai moitas familias que o están pasando realmente mal", asegura Beatriz Vázquez Pedras, presidenta da Cooperativa.
Relacionadas:
-
As confrarías de pescadores din estar "desamparadas" polas administracións públicas
Por Oskar Viéitez |
-
Preocupación entre as entidades sociais de Pontevedra polo aumento da demanda de alimentos
Por Oskar Viéitez |
-
O deporte pontevedrés súmase á Operación Quilo online do Banco de Alimentos
Por Redacción |
-
Nova gran operativa de graneis no Porto de Marín
Por Redacción |
-
Marín eleva xa a 6.000 as unidades de máscaras repartidas entre as farmacias do municipio
Por Redacción |
-
Intensa actividade no Porto de Marín para garantir as subministracións básicas
Por Redacción |
-
O sector do mar, en xaque polo coronavirus: "Os prezos son horribles. É unha barbaridade"
Por Alejandro Espiño |
-
O Banco de Alimentos mantén a súa actividade ante as "necesidades urxentes" de varias ONG
Por Redacción |