O presidente de Aempe critica a "inseguridad jurídica" xerada polo Goberno e os "contrasentidos" da desescalada

Por Oskar Viéitez
O presidente da Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE), José María Corujo criticou a "inseguridad jurídica" xerada polo Goberno do Estado e os "contrasentidos" das fases da desescalada do confinamento pola crise do coronavirus.
Por unha banda, José María Corujo sinalou as "contradiciones" e a "total improvisación" do Executivo presidido por Pedro Sánchez coas medidas económicas aprobadas durante o estado de alarma que, segundo dixo, están a xerar confusión e "inseguridade xurídica" no mundo empresarial.
E en canto ao plan de desescalada en catro fases aprobado polo Consello de Ministros tras máis de seis semanas de confinamento pola pandemia, José María Corujo afirmou que "hay muchas cosas que suenan a barbaridad".
O presidente de Aempe lamentou que "seguimos sin saber quien está detrás para esta planificación de la desescalada". "Suponemos que habrá técnicos", dixo.
José María Corujo valorou que algunhas das cuestións aprobadas neste plan do Goberno, como as referidas ao sector da hostalería, "me parecen un despropósito" e admitiu que "por supuesto que hay que tomar medidas, pero parece que estamos al nivel de ocurrencias".
PROGRAMA EXPERTO EN XESTIÓN DE PEMES
O presidente de Aempe fixo estas declaracións este mércores nunha comparecencia de prensa para presentar o programa da "Aula de xestión empresarial. Programa experto en xestión de pemes", cuxo desenvolvemento se iniciará nos próximos días co patrocinio de ENCE, dentro do seu Plan Social co que subvenciona a totalidade da matrícula, valorada en 1.500 euros.
O director territorial de ENCE en Galicia, Antonio Casal, que tamén participou nesta presentación telemática, destacou que "la formación es clave para tener éxito". Ao seu xuízo "con la crisis económica que vamos a vivir las pymes están llamadas a ser un punto clave en la reactivación del empleo".
Segundo avanzou José María Corujo, son dúas as novidades deste ano. A primeira é que o desenvolvemento deste programa será de forma virtual, obrigado polas circunstancias, e a segunda, é que será impartido pola Escola de Negocios "Galicia Business School" que tamén expedirá un título acreditativo a quen o complete con éxito.
"A partir de ahora se va a utilizar más la palabra re emprendimiento", sinalou Corujo quen entende que "la actual situación nos va a cambiar el esquema económico y social y me guardo mi opinión sobre el sistema político, que también debería de cambiarlo".
Entre os obxectivos deste programa está o comprender a dirección e xestión dunha peme ou empresa familiar no seu conxunto, integrando as súas diferentes áreas e tamén se pretende capacitar aos participantes na toma de decisións empresariais, achegando criterios e adestrando nas técnicas orientadas á decisión, planificación, organización e control da actividade empresarial.
En resumo, tal e como sinalou o presidente de Aempe, os participantes achegaranse á dirección xeral dunha pequena ou mediana empresa, comprendendo a importancia de acertar nas decisións estratéxicas que marcan o seu futuro.
O programa ten unha duración de 60 horas lectivas, das que 40 son de presenza na aula virtual (en 10 sesións de 4 horas, os martes e xoves pola tarde, en horario de 16:30 a 20:45 horas) e 20 adicionais son de traballo fóra dela. Desenvolverase do 12 de maio ata o 11 de xuño.
Relacionadas:
-
Para eles, os zapatos non quedan fóra
Por Marisa Ciordia & Mónica Patxot |
-
E agora que? Reinventa a túa empresa con AEMPE
Por Noticia patrocinada |
-
A Federación Provincial de Hostalería habilita unha app gratuíta para informar e promocionar ao sector
Por Redacción |
-
Quen terán máis citas previas a partir do luns: saúde ou estética?
Por Marisa Ciordia |
-
Converter ameazas en oportunidades, proposta da plataforma impulsada por AEMPE ante o coronavirus
Por Redacción |