Vaipolorío e o mito de Sísifo
Por Oskar Viéitez
O mito grego conta que os deuses condenaran a Sísifo a empurrar sen cesar unha rocha ata o cume dunha montaña, dende onde a pedra volvería caer polo seu propio peso. Perdoando a distancia, a odisea do colectivo ecoloxista Vaipolorío recorda aquela traxedia grega.
Vinte e tres voluntarios concluíron este domingo a sexta e última xornada da campaña 2013 de limpeza dos Gafos. Remataran o seu traballo cando unha nova vertedura incontrolada veu a embazar a festa e o río. Foi á altura de xeneral Rubin, en Campolongo.
Os deuses gregos condenaron a Sísifo pensando que non hai castigo máis terrible que o traballo inútil e sen esperanza. Afortunadamente os de Vaipolorío están feitos doutra pasta e non ceden no seu empeño no que xa levan tres anos.
Mesmo sacan forzas da súa desgracia aplicando unha gran dose de bo humor. Asi con boa parte dos aproximadamente 150 quilos de residuos que retiraron este fin de semana construíron un monumento denuncia instalada na rúa Alcalde Hevia.
Relacionadas:
-
Vaipolorío retira 200 quilos de lixo nunha xornada de limpeza do Gafos en Tomeza e Bértola
Por Redacción |
-
Denuncian un novo vertido a causa das obras do Nó do Pino horas antes de que Ana Pastor as inaugure
Por Natalia Puga |
-
Vaipolorío estuda denunciar por delito ambiental as verteduras ao río Gafos
Por Oskar Viéitez |