Goberno e oposición deseñan medidas para superar a crise sanitaria en Poio
Por Redacción
A concellería de Promoción Económica do Concello de Poio traballa na elaboración dun dossier no que figuran todas as axudas, achegas e iniciativas que as diferentes administracións públicas están a tramitar en favor das empresas, especialmente para aqueles sectores máis afectados pola crise sanitaria.
O concelleiro responsable deste departamento, Gregorio Agís, lembra aos veciños que poden obter asesoramento personalizado se o solicitan a través do correo electrónico promocioneconomica@concellopoio.gal ou contactando de forma telefónica.
Estas actuacións complementan ao mapa interactivo no que figuran todos os negocios que permanencen operativos e os que irán incorporándose ao longo das próximas semanas.
Pola súa banda, o grupo municipal do PP presenta unha moción cunha serie de peticións dirixidas a apoiar economicamente a toda a poboación de Poio consistentes en eliminar ou bonificar os impostos do IBI, IAE, augas, lixos e de circulación mentres o estado de alarma estea vixente, reducir o tipo impositivo do IBI ao 0,43 e a aprobación dunha modificación orzamentaria para dotar de máis recursos financeiras a Benestar Social.
Relacionadas:
-
Poio regulará a ampliación do espazo a ocupar polas terrazas dos negocios de hostalería
Por Redacción |
-
Poio abre o cemiterio municipal este xoves 7 con horario restrinxido e Marín agardará ata o luns 11
Por Redacción |
-
O PP de Poio solicita a reapertura gradual e controlada do cemiterio municipal
Por Redacción |
-
Poio quere ampliar os espazos para terrazas de establecementos de hostalería
Por Redacción |