Ángel Moldes critica que o pleno rexeitase a proposta do PP de baixar os impostos
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Poio critica que os tres partidos que forman o equipo de goberno local, rexeitasen co seu voto a moción do PP na que solicitaba a eliminación de impostos e taxas municipais por mor da COVID-19.
Ángel Moldes cre que o goberno local ao votar en contra da moción popular "deixa tirados a veciños, a familias, a autónomos e a pemes de Poio".
Moldes lembrou no pleno celebrado este martes que noutros concellos suprimen o cobro do lixo os seis primeiros meses do ano "pero en Poio non suprimen nin estes dous: é unha vergoña, van cobrarlle todo o ano a xente que tivo que ter os seus negocios pechados".
Para o concelleiro popular a posta en marcha desta medida é algo "tan sinxelo como cambiar as ordenanzas e así poder eliminar impostos e taxas municipais".
"As palabras bonitas e as promesas están moi ben pero o que conta son os votos nos plenos para aprobar as medidas", conclúe Moldes.
Relacionadas:
-
O martes aprobaranse bonificacións a autónomos de Poio que certifiquen a inactividade no confinamento
Por Redacción |
-
Un pleno extraordinario aprobará a bonificación total do recibo do lixo dos comercios inactivos durante o confinamento
Por Redacción |
-
Moldes critica que o goberno local de Poio copiou unha proposta do PP despois de votar en contra
Por Oskar Viéitez |
-
Poio impulsa a creación dun plan de reactivación municipal para atallar a crise
Por Oskar Viéitez |
-
Os pagamentos de varias taxas municipais en Poio poderán fraccionarse ata en seis meses
Por Redacción |