Rafa Domínguez pregunta a Lores por que non participa nas accións do Concello para apoiar o comercio e a hostalería local
Por Redacción
O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, pregunta ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, o motivo polo que non participa na "única medida" do Concello para apoiar o comercio e hostalería local, en referencia á campaña Pontelovers.
Domínguez rexistrou unha pregunta para o próximo pleno municipal dirixida a Lores sobre a súa "falta de compromiso coa cidadanía" e, en particular, co comercio e a hostalería local, pois asegura que nun momento de crise tan grande como o actual, "está desaparecido".
Respecto diso, insiste en que Lores non tomou nin unha soa medida para apoiar á cidadanía, non avanzou tampouco nin unha soa liña de traballo e, en definitiva, "Lores non está á altura de Pontevedra".
O líder do PP local sostén que é necesario que o Concello manteña un "compromiso férreo" cos sectores máis golpeados pola crise xerada polo coronavirus, pois é a obriga do alcalde articular as medidas suficientes para paliar a crise económica que sufrirá Pontevedra e que atacará aos máis vulnerables.
"Debemos actuar xa, coa máxima urxencia, e o Concello segue sen facer nada respecto diso", insiste, á vez que mostra a súa "decepción" como pontevedrés polo feito de que Lores "non fose capaz nin de ter un xesto co comercio e a hostalería de Pontevedra".
Ademais de criticar a Lores, anunciou que o PP seguirá presentando iniciativas para que Pontevedra "saia o mellor parada desta grave situación" antea "falta de sensibilidade" que ven "imperdoable" do BNG e do PSOE con "moitísimas persoas de Pontevedra".
Relacionadas:
-
O lecer nocturno pontevedrés, ao bordo do KO
Por Manu Otero |
-
‘Sentidiño fronte o Covid-19’ nos establecementos comerciais de Pontevedra
Por Redacción |
-
Comeza a repartición de 500 packs de vinilos de seguridade dentro da campaña Pontelovers
Por Redacción |
-
A primeira mampara de vidro de #PonteLovers instálase en El Cafetín
Por Redacción & Mónica Patxot |