Zona Monumental súmase a unha campaña que catalogará os locais seguros
Por Redacción
A asociación do Centro Comercial Urbano Zona Monumental integrouse na campaña de comercio seguro da Federación Provincial de Comercio, Turismo e Mercados. Para desenvolver esta campaña utilízase a ferramenta de autoavaliación da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia.
Esta ferramenta elabora un informe personalizado coas medidas necesarias para que se cumpran os requisitos de 'Comercio Seguro', en relación coa seguridade fronte á Covid-19. Aquelas persoas que queiran realizar un autodiagnóstico dos seus establecementos comerciais poden acceder á páxina web https://www.comerciosegurogalicia.gal/register
A través deste test, a Federación Provincial de Comercio emitirá un certificado que acreditará para os clientes que ese local é seguro para realizar compras. Este selo da federación, do mesmo xeito que o da Confederación Española de Centros Históricos, entregarase de forma gratuíta a todos aqueles establecementos que forman parte deste organismo e obteñan unha cualificación de elevado ou moi elevado, é dicir, unha puntuación superior a 8 sobre un total de 10.
O selo garante que, tanto os empregados como os consumidores dese recinto, se acollen a todas as medidas de seguridade e protección establecidas pola administración. O baremo para a emisión deste certificado será o establecido pola Xunta de Galicia no programa de autoavaliación.
A federación realizará revisións periódicas e aleatorias, a través do procedemento de Cliente Misterioso para comprobar se o grao de cumprimento da normativa nos establecementos co certifico cúmprese para garantir a seguridade e a saúde de consumidores e persoal.
Os establecementos que non superen a avaliación terán un prazo de 15 días para resolver as deficiencias e optar a unha nova revisión que lles permita lograr o selo. Todo aquel que desexe solicitar o selo ou recibir máis información pode facelo a través do correo de CCU Zona Monumental: info@ccuzonamonumental.es ou no teléfono 685.896.569.
Relacionadas:
-
A volta ao cole ten premio no comercio local de Pontevedra
Por Redacción |
-
Comezan a repartirse os selos distintivos para os comercios seguros de Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Pancarta para reiniciar Pontevedra da man de #PonteLovers
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Que botas de menos do comercio local? Os centros comerciais abertos queren premiar a fidelidade da súa clientela
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Zona Monumental apela á solidariedade para rebaixar os alugueres aos comerciantes
Por Alejandro Espiño |