Pontevedra autoriza 109 cacharelas particulares para a noite de San Xoán
Por Redacción
A noite de San Xoán, a falta de celebracións comunitarias, contará en Pontevedra con 109 cacharelas que foron autorizadas en espazos particulares.
O Concello recorda que todas estas fogueiras deben contar con todas as garantías sanitarias que marcan as autoridades pola pandemia da COVID-19.
As solicitudes foron presentadas a través da sede electrónica e de xeito presencial ante a Policía Local.
Este ano e por causa das restricións derivadas da crise sanitaria, o Concello tomou a decisión de non autorizar fogueiras comunitarias que empreguen o espazo público
Entende o goberno municipal que non é o momento sanitario máis acaído e tampouco se poden garantir as medidas sanitarias e de seguridade habituais destas celebracións.
Ao respecto das fogueiras en espazos particulares, o Concello mantén os protocolos de anos anteriores sobre a seguridade, pero tamén esixirá que se garantan as medidas sanitarias fixadas pola Xunta de Galicia.
Relacionadas:
-
A noite de San Xoán haberá en Pontevedra un cento de fogueiras de particulares
Por Redacción |
-
Moito control e ningún incidente nas 109 cacharelas de San Xoán de Pontevedra
Por Redacción |
-
Moita sardiña polo San Xoán, de pequeno tamaño e a prezos baixos
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra prohibe todas as fogueiras comunitarias que se celebraban por San Xoán no espazo público
Por Redacción |