Un San Xoán con moito 'Orgullo' no Mercado de Pontevedra
Por Redacción
A programación deseñada polo Concello de Pontevedra para celebrar o Orgullo LGTBIQ+ inundou este martes as instalacións do gastroespazo do Mercado e converteu a noite de San Xoán nunha reivindicación de dereitos moi festiva para todas as idades.
A partir das oito da tarde a Ludoteca O Ganapán situada no primeiro andar do Mercado acolleu o Contacontos Diverso ‘Rei e Rei’, no que Sandra Ansín achegou aos máis pequenos historias e propostas coloridas para celebrar o Orgullo LGTBIQ+. Por motivos de prevención, houbo aforo limitado a 10 rapaces.
O gastroespazo foi o escenario da festa a partir das dez e media da noite. As persoas que acudiron ao recinto gozaron dun San Xoán Travesti cun espectáculo de cabaré transformista con Drag Queen e Drag King interpretado por ‘Marinita y sus marmotas’.
O espectáculo, en clave de comedia musical, contou con voz en directo, bailes e moito humor.
Relacionadas:
-
A Caravana LGTBIQ+ estende a conciencia da diversidade polas rúas de Pontevedra
Por Redacción |
-
Moito control e ningún incidente nas 109 cacharelas de San Xoán de Pontevedra
Por Redacción |
-
Unha semana para erradicar a plumofobia
Por Redacción |
-
Pontevedra encherase de plumas e flores coa bandeira do Orgullo LGTBIQ+ para dicir "non á plumofobia"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |