A Deputación elaborará un informe alertando do temor a que as mulleres volvan quedar invisibilizadas tras o teletraballo
Por Redacción
Carmela Silva, presidenta da Deputación, avaliaba este venres a conferencia online que se celebraba durante as últimas horas sobre o teletraballo desde unha perspectiva de xénero, unha iniciativa que se realizaba a través da Escola de Igualdade María Vinyals e que contou co seguimento de máis de mil persoas a través das redes sociais da Deputación e a través de Zoom, ademais de obter un millón de impresións.
Estas cifras provocaron que a presidenta provincial afirmase que se trata dun tema que esperta moito interese na sociedade porque o 89% das persoas que realizan tarefas de coidados son mulleres e o 95% das persoas que piden redución da xornada laboral tamén son mulleres coas consecuencias que esa decisión ten nas súas carreiras profesionais, apuntou Carmela Silva.
A máxima representante provincial expuxo os datos obtidos polo colectivo Malasmadres nunha enquisa na que 8 de cada 10 mulleres recoñecen que non poden equilibrar a súa vida laboral coa súa actividade de coidados e por este motivo, 6 de cada 10 enquisadas recoñecían que renuncian á súa actividade profesional. E nese cuestionario, as mulleres manifestaron que só contan cunha media de 54 minutos ao día para o seu tempo libre. "Traballamos todo o día", afirmou Silva.
A enquisa tamén demostra que unha muller con emprego dedica máis tempo a tarefas de coidado no ámbito familiar que os homes que se atopan desempregados.
Segundo Carmela Silva, esa situación non mellorou durante a etapa de confinamento onde as mulleres continuaron asumindo a maioría dos coidados e, segundo as enquisadas a súa vida empeorou porque tiñan que teletraballar atendendo a menores ou a persoas maiores ou dependentes.
A presidenta indica que este problema continúa sen resolverse porque tanto os centros educativos como os centros de día continúan pechados. Por iso esixe corresponsabilidade aos homes e, na súa falta, ás administracións competentes lembrando que a sanidade e a atención son aspectos fundamentais e hai que destinar diñeiro a estes sectores.
Neste sentido, anunciou que a Deputación Provincial elaborará un informe que trasladará tanto á Federación Galega de Municipios e Provincias, á Xunta de Galicia, ao Goberno do Estado e aos parlamentos de Galicia e de España demandando que se teña en conta ás mulleres á hora de elaborar unha lei que regule o teletraballo.
"As mulleres corren o perigo de que volvan metelas en casa", afirmou Carmela Silva se non se lexisla unha normativa que atenda ás súas necesidades evitando que llas invisibilice.
Relacionadas:
-
O PP alega contra o Regulamento de Teletraballo da Deputación e pide que estea máis "pegado á realidade"
Por Redacción |
-
Piden á Deputación que fomente o teletraballo para reducir o número de traballadores en cada servizo
Por Oskar Viéitez |
-
Presentan a Maleta dos Océanos, unha proposta educativa que combina o papel das mulleres e a salvación dos recursos mariños
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Presentan o web da Cátedra de Feminismo, unha ferramenta para fomentar as mulleres científicas e hackear o patriarcado
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O PP lamenta o "tempo perdido" na Deputación coa implantación do teletraballo
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputacion adaptará a normativa estatal sobre teletraballo incorporando a perspectiva de xénero
Por Oskar Viéitez |
-
A artista Lidia Cao crea un mural a favor da igualdade na fachada do pavillón de Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva: "O teletraballo nada ten que ver coa conciliación"
Por Oskar Viéitez |
-
RADIO.- A experiencia do confinamento faranos priorizar a "riqueza espacial" e "vivendas adaptadas para o teletraballo"
Por Redacción |