Ence inviste máis de 7 millóns de euros en mellorar a fábrica de Pontevedra
Por Redacción
A biofábrica de Pontevedra renovou a súa actividade habitual tras executar, dende o pasado 6 de xullo, a súa parada técnica anual. O proceso de mellora e mantemento das instalacións precisou de investimentos por valor de 7,5 millóns de euros.
A pesar de tratarse dunha parada singular, debido á situación orixinada tras a crise sanitaria, segundo a compañía, lograron manter os niveis de seguridade conseguidos durante os últimos anos. Isto débese, en gran medida, ao protocolo de seguridade que se mantivo durante todo o proceso de mellora.
A fin de garantir as condicións óptimas de seguridade e minimizar o risco de contaxio, a biofábrica dividiuse en 11 sectores de traballo, illados uns dos outros.
Igualmente, para poder acceder ao recinto industrial, era preciso someterse á proba de detección de COVID-19, así como superar unha actividade formativa específica sobre o protocolo de prevención implantado, baixo a modalidade online e demostrar o coñecemento mediante un test.
Durante esta parada técnica, a planta someteuse a un exhaustivo programa de melloras para incorporar novas tecnoloxías, co obxectivo de seguir reforzando a súa actividade ambiental, así como a súa eficiencia e fiabilidade.
No medio da actual crise sanitaria e económica, Ence apostou por investir e crear actividade na comarca de Pontevedra. Por esta razón, gran cantidade das empresas auxiliares que traballaron durante a parada técnica son galegas, ás que hai que sumar outros servizos como o aloxamento ou manutención dos traballadores, prestados por negocios da contorna da cidade pontevedresa.
Relacionadas:
-
Ence reforza a análise do terreo na súa biofábrica de Pontevedra ante o desmantelamento de Elnosa
Por Noticia patrocinada |
-
Ence pide disculpas polo ruido provocado por un "fallo técnico puntual"
Por Oskar Viéitez |
-
ENCE, sinalada pola "bandeira negra" de Ecoloxistas en Acción, defende a súa xestión ambiental
Por Redacción |