A Cámara adxudica a dúas empresas pontevedresas a organización de Pomóvil e Ferpalia
Por Redacción
A Cámara de Comercio de Pontevedra adxudicou a organización das feiras Pomóvil e Ferpalia na súa edición 2012. Dúas empresas pontevedresas serán as encargadas da posta en marcha de ambos os dous eventos feirais.
A adxudicación realizouse durante o comité executivo celebrado a última hora da tarde deste xoves e recaeu nas firmas ICE Imaxinación S.L. e El Rincón de los Sentidos, S.L., ambas as dúas con sede en Pontevedra e con experiencia na organización de eventos deste tipo.
A Cámara de Comercio informou nun comunicado que o criterio utilizado na adxudicación foi a proposta dos técnicos que realizaron as valoracións das propostas presentadas.
ICE Imaxinación S.L. organizará as dúas modalidades de Pomóvil. O Salón do Coche Novo celebrarase a primeira semana de novembro e o Salón do Coche Usado e de Ocasión está programado para os días 9, 10 e 11 de novembro.
O Canto dos Sentidos, S.L. será a encargada de Ferpalia, o Salón do Turismo de Galicia. O certame, que elixe como escenario varios espazos públicos do centro urbano, celebrarase os días 14, 14 e 16 de decembro.
O prazo de presentación de propostas pechouse ás 14.00 horas cun total de tres candidaturas. No caso de Ferpalia, tan só optou a empresa adxudicataria, pero á organización de Pomóvil tamén se presentou Grupo Norte, que organizou as 14 edicións do certame realizadas ata o momento e que este ano organizou, por primeira vez, á marxe da Cámara de Comercio a Bolsa de Contratación Turística Bolcotur.
A Cámara reproduciu o texto que esta tarde lles enviou o xerente de Grupo Norte para evitar suspicacias debido ao enfrontamento xurdido a través de Bolcotor. Sinala nun comunicado que hai unha "relación fenomenal" entre ambas as dúas entidades e engade o contido literal do documento:
Después de haber presentado hoy la propuesta de organización de Pomovil-2012, reiteramos la necesidad, según nuestra experiencia, que las fechas (fines de semana) sean correlativos y siempre en el año 2012, reiterando también de que no podría ser, según nuestro criterio, por lo inmediato de las fechas, los próximos 1, 2, 3 y 4; y 9, 10 y 11 de noviembre, ya que no podríamos garantizar los éxitos de público y ventas de ediciones anteriores.
Recordo ao empresario Luis Rodríguez Pereira, falecido no mesmo día
O comité executivo e o pleno da Cámara de Comercio de Pontevedra aprobaro nas súas respectivas reunións celebradas este xoves realizar unha declaración de pésame que farán chegar á familia e amigos de Luis Rodríguez Pereira, falecido este mesmo día no Hospital Montecelo debido a unha enfermidade.
Luis Rodríguez Pereira foi vocal da Cámara dende 1988, que formou parte da Corporación que adquiriu e estreou a sede actual da institución, nos Xardíns de Vincenti.
O xerente da entidade, Antonio Gómez Rivera, e outros compañeiros "tuvieron recuerdos para este veterano empresario pontevedrés vinculado profesionalmente a los medios informativos, como gerente de varias empresas de publicidad".
Relacionadas:
-
A Alameda será o "corazón" de Ferpalia 2012, que terá como invitada a Asturias
Por Redacción |
-
Pomóvil abre as súas portas
Por Redacción |
-
O Twizy, principal reclamo de Pomóvil
Por Redacción |
-
A presentación mundial do Volkswagen Golf 7, principal atractivo da XV edición de Pomóvil
Por Alejandro Espiño |
-
Ferpalia 2012 sacará proveito ao potencial turístico dos días de choiva en Galicia
Por Redacción |