A chuvia esquecerá as Rías Baixas no seu paso por Galicia durante esta semana
Por Redacción
Esta semana das Festas da Peregrina, as Rías Baixas permanecerán nunha situación inestable, segundo as previsións do servizo de Meteogalicia, pero non se verán afectadas polas choivas que si se presentarán no resto da comunidade. E, polo tanto, continuará a seca que se constata nas últimas semanas na contorna de Pontevedra.
Este luns 10 de agosto, a provincia permanecerá baixo a influencia das altas presións e con circulación de vento frouxo de compoñente norte, que propicia a presenza de máis humidade. A xornada alternará nubes e claros. As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso en xeral en Galicia pero con máximas que ascenderán nas Rías Baixas, sitúandose entre os 15 e os 28 graos.
A partir deste martes, Pontevedra quedará, como o resto da comunidade, nunha situación intermedia entre o anticiclón centrado nos Azores e unha baixa térmica que afecta ás península Ibérica, con entrada de aire frío en altura que aumentará a inestabilidade. Os ceos permanecerán nubrados. As choivas rexistraranse no norte de Galicia e nas zonas de interior. As temperaturas manteranse entre os 19 e os 28 graos con ventos que seguirán soprando de compoñente norte con intervalos moderados.
A zona de aire frío en altura manterá a inestabilidade tamén durante o mércores, a pesar da presenza das altas presións situadas sobre os Azores. Espérase unha xornada de ceo moi nubrado. As temperaturas mínimas situaranse nos 16 graos e as baixas descenderán ata os 25. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados na zona do litoral e máis frouxos no interior.
O xoves 13, Galicia seguirá entre as altas presións dos Azores e un centro de baixas presións ao sur de Inglaterra, que provocarán un ceo moi nubrado pola mañá, con apertura de claros durante a tarde. As temperaturas situaranse entre os 14 e os 23 graos. Os ventos soprarán flojoso de compoñente oeste.
De cara á fin de semana, a zona de aire frío irá afastándose e recuperarase a estabilidade anticiclónica, pero sen as masas de aire cálido de semanas anteriores. Haberá tempo seco, asollado en toda a zona sur de Galicia e con temperaturas entre os 25 e os 30 graos.