Rolda de visitas aos colexios de Sanxenxo para preparar o próximo curso
Por Redacción
O alcalde de Sanxeno, Telmo Martín, acompañado da concelleira de Educación, Paz Lago, e o edil de Obras e Servizos, Óscar Vilar Sartages, acudiron este luns aos colexios Magaláns, A Florida e Nantes, e ás garderías municipais do Revel e o Tombo onde analizaron cos directores dos centros as obras máis urxentes que acometer antes do comezo do próximo curso.
A rolda de visitas continuará o martes cos colexios de Portonovo, O Telleiro e a escola unitaria de Aios.
As obras serán realizadas, na maioría dos casos, polos propios operarios municipais de Obras e Servizos que tamén estiveron na visita e só será necesaria a compra de material.
O primeiro centro da visita foi o CEIP Magaláns, en Dorrón, no que se liquidarán os problemas de humidade detectados en cinco aulas co cambio de tubaxes dos radiadores e o alicatado de parte da parede. Os operarios municipais encargaranse de realizar os traballos nos próximos días para que estean a punto no inicio de curso en setembro.
As actuacións previstas no CEIP A Florida, en Sanxenxo, centraranse na instalación de canalización de pluviais nun dos accesos do interior do colexio que provocou o afundimento de parte do chan. Na aula de manualidades retiraranse 7 lavabos para garantir a distancia social entre alumnos e instalarase un novo mesado de madeira, modificaranse as tomas dos enchufes e arranxaranse as persianas.
No CEIP de Nantes cambiaranse as tubaxes contraincendios para garantir o seu correcto funcionamento e acondicionarase a contorna do centro. O goberno local terá novidades proximamente sobre o peche do pavillón ao que se dotará de iluminación de forma temporal, tal e como solicitou a dirección do centro.
Nas garderías municipais, as actuacións centraranse nos accesos para garantir o distanciamento dos nenos nas entradas e saídas dos centros así como nos patios. No caso do Tombo habilitaranse dúas novas portas e no Revel habilitarase unha senda de acceso e limitarase os espazos con valos para evitar o contacto de clases na saída ao exterior.
Relacionadas:
-
O concello contratará un proxecto integral que emende as deficiencias detectadas no colexio de Portonovo
Por Redacción |
-
A Consellería analiza a volta ás aulas no colexio de Campolongo e na escola infantil Crespo Rivas
Por Oskar Viéitez |
-
O Goberno municipal de Marín busca consensos na elaboración dun plan de cara ao inicio do vindeiro curso
Por Oskar Viéitez |
-
O IES Valle Inclán recibe un selo de calidade nacional por proxectos centrados na reciclaxe e na cidade ideal
Por Redacción |
-
Convocan unha protesta para reclamar máis profesorado no CEIP Pedro Antonio Cerviño de Campo Lameiro
Por Redacción |
-
Rogelio Carballo, presidente da Fanpa Pontevedra, aclara que a apertura de matrículas dos comedores escolares só é estimativa
Por Anxo Lourido |