O Concello do Grove toma a "difícil decisión" de suspender la Festa do Marisco

Por Redacción
O Concello do Grove mantén unha liña de traballo estable na promoción da localidade, segundo manifesta o goberno local liderado por José Antonio Cacabelos.
É por iso, que por motivos de responsabilidad sanitaria, o Concello tomou a "difícil decisión" de suspender a Festa do Marisco polo "evidente risco para a saúde que suporía celebrar a Festa".
A celebración, que supón un investimento de case o 5% dos orzamentos municipais do Concello, e a recadación realizada serve para cubrir a meirande parte deses gastos, permitindo que esta actividade non supoña unha perda de recursos, "resulta inviable durante o mes de outubro", por iso o Concello xa está traballando para realizar accións promocionais e tentar manter a presenza de visitantes durante o resto da temporada.
Para ese fin, farán fincapé, na importancia do Grove como destino turístico seguro pero, sobre todo, nas potencialidades naturais e gastronómicas da localidade, que permiten que non sexa tan só un destino de 'sol e praia' senón que conta cunha oferta verdadeiramente rica e diversa. O Concello tamén avaliará dedicar os fondos previstos para esta festa á realización de accións de mellora da oferta turística de carácter permanente.
Relacionadas:
-
O Grove quere organizar a súa Festa do Marisco do 30 de setembro ao 12 de outubro
Por Redacción |
-
O Grove vendeu máis de 145.000 racións e ingresou 735.800 euros pola Festa do Marisco do 2019
Por Redacción |
-
Balón de osíxeno da Deputación ao Marisco do Grove, o Albariño de Cambados e a Auga de Vilagarcía
Por Redacción |