O colectivo de ambulancias esixe melloras no traslado de pacientes a Montecelo
Por Redacción
A ausencia de melloras no servizo das ambulancias un ano despois da proposta presentada polos delegados do sindicato CIG ante a Xunta foi a razón da convocatoria que tivo lugar este luns na sede do sindicato.
O secretario comarcal da FGAMT-CIG de Pontevedra, Xavier Aboi, explicou que os representantes sindicais trasladaron ao xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés unha serie de melloras que non supoñerían ningún gasto económico extra pero que permitirían mellorar sensiblemente o servizo que prestan aos pacientes. Trátase, ilustran desde a CIG, de evitar que se mollen cando chegan ao hospital impedindo que a zona de estacionamento das ambulancias estea ocupada por furgonetas de repartición ou outros vehículos.
Neste sentido, os delegados pedían o arranxo das cubertas de Montecelo ou, nos días de temporal, que poidan utilizar a entrada principal. " Semella que lles dá igual ou servizo que se lle presta aos pacientes", lamentan.
Relacionadas:
-
Denuncian "escurantismo" por parte de Sanidade no novo concurso do servizo de ambulancias convencionais
Por Redacción |
-
Protestas do persoal de ambulancias nas súas bases reclamando test
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
A CIG pide que se fagan test a todos os traballadores de ambulancias
Por Oskar Viéitez |