Sanidade notifica 8 casos máis de Covid-19 na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés
Por Oskar Viéitez
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés é de 233. Isto supón 8 casos máis que onte.
Este martes 1 de setembro esta área sanitaria ten 6 pacientes Covid ingresados en planta de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 2 pacientes Covid na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.
Non hai pacientes ingresados por Covid nas respectivas plantas de hospitalización de Hospital do Salnés e hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.
Así mesmo, permanecen 225 casos Covid evolucionando en domicilio.
Desde o inicio do plan de continxencia do COVID-19 curáronse 989 pacientes ( 1 máis que no día de onte ) e faleceron por este virus na área sanitaria 17 pacientes.
En canto a realización de PCR’ s, nas últimas 24 horas fixéronse 306, que se engaden ás 28.004 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés .
Relacionadas:
-
O ritmo de contaxios volve crecer na área sanitaria: 28 positivos nunha xornada
Por Natalia Puga |
-
Activan o protocolo anticovid ante un novo positivo nos xulgados de Pontevedra
Por Redacción |
-
En corentena un buque no porto de Marín por dar un tripulante positivo en Vigo
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Do 5 de xullo ao 31 de agosto, a área sanitaria de Pontevedra pasou de 2 a 226 casos positivos
Por Redacción |
-
Acusan o SERGAS de ocultar datos e piden información precisa sobre o sistema de rastrexo nos hospitais públicos
Por Redacción |