Piden a retirada duns cables na fachada marítima do casco vello de Combarro
Por Oskar Viéitez
O Partido Popular de Poio trasladará este martes en comisión de urbanismo a necesidade de eliminar varios tubos e cables que colgan da fachada marítima do casco histórico de Combarro, e que quedan á vista ao baixar a marea.
O portavoz do grupo municipal, Angel Moldes, visitou o lugar xunto ao concelleiro de Combarro Tucho Muíños e comprobou a queixa de veciños e visitantes, que lamentan a imaxe que se produce ao baixar a marea, cunha chea de cables e tubos colgando, nun punto emblemático do concello.
Muíños recordou que a maioría destes cables se colocaron para o alumeado dos hórreos situados a carón do mar que dan a Combarro a súa imaxe típica, pero esta iluminación estivo en funcionamento un período moi curto e actualmente case ningún funciona, polo que supón "un perigo e unha pésima imaxe mantelos aí".
Tucho Muíños anunciou que solicitarán que se tomen as medidas oportunas para solucionar este problema, e advertiu que "non se pode trasladar esa sensación de deixadez nun lugar fundamental para o turismo, a economía e a imaxe noso pobo. É unha cuestión de seguridade e de imaxe".