O Colexio Calasancio retoma as clases presenciais a partir do luns
Por Redacción
O Colexio Calasancio retoma as clases presenciais a partir do luns 21 de setembro. Despois do brote de coronavirus entre o profesorado deste centro educativo de Pontevedra, a Xefatura Territorial de Sanidade e Educación concedeu a autorización para iniciar a reincorporación do alumnado á actividade lectiva presencial.
Antes de proceder á reapertura, levarán a cabo unha limpeza xeral das instalacións e unha profunda desinfección de todos os espazos do centro.
O regreso dos alumnos ás aulas realizarase de forma progresiva. Os primeiros serán os alumnos de primeiro e segundo de Educación Primaria, que o farán o próximos luns. Os de terceiro, cuarto e quinto farano o martes; os de quinto e sexto de Educación Infantil, o mércores; e os de sexto de Primaria, o xoves.
Os estudantes de Educación Secundaria iranse incorporando a partir do venres. Os primeiros en facelo serán os de terceiro, mentres que o luns 28 farano os de cuarto e os de primeiro e segundo, o martes 29.
Con todo, mentres a volta ao cole non se fai efectivo, os alumnos continuarán co sistema de teledocencia implantado desde o momento en que se pechou o centro.
Así mesmo, o servizo de comedor retómase o día 21 e o de madrugadores atrásase ata o 1 de outubro.
Relacionadas:
-
O Colexio Calasancio volve á normalidade tras o seu peche por COVID coa incorporación dos primeiros 72 alumnos
Por Diego Espiño |
-
Ata 16 centros educativos na área sanitaria rexistraron polo momento algún caso de COVID
Por Diego Espiño |
-
Dúas clases do colexio de Barcelos, en corentena por coronavirus
Por Redacción |
-
Farán test PCR aos alumnos de 3 anos das Calasancias
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Sanidade pecha o colexio Calasancio por un gromo con nove casos positivos de coronavirus
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Outra profesora do colexio Calasancio dá positivo en coronavirus tras dar clase o venres
Por Redacción |
-
Un positivo por Covid no Colexio Calasancio pon en corentena ao equipo directivo do centro
Por Redacción |