Protestan contra a deturpación do nome da Toxa
Por Redacción
O grupo da Mesa pola Normalización Lingüística de Pontevedra - O Salnés celebrou este sábado na entrada da ponte da illa da Toxa unha concentración de repulsa pola deturpación do topónimo da Illa da Toxa, trala celebración "dun Foro que fai desta agresión á lingua galega o seu sinal de identidade".
A responsable da Mesa pola Normalización Lingüística de Pontevedra - O Salnés, Sabela Bará, sinalou "a vergoña que supón que destacados dirixentes políticos como Feixoo ou Sánchez participen nun evento que fai ostentación de desprezo dos nomes dos lugares de Galiza deturpándoos e hibridizándoos".
"É un insulto que ademais incumpre a lexislación que sinala que a única forma oficial e a lexítima, a que galegas e galegos lle dan na súa propia lingua", indicou.
"É vergoñento que 34 despois da aprobación da lei que recoñece a oficialidade única dos topónimos galegos aínda teñamos que mobilizarnos para reclamar o seu cumprimento mais aínda dá áis vergoña que os responsábeis políticos que deben garantir o mínimo pola dignidade de Galiza participen disto", concluiu.