Vilanova traballará nas escolas fronte á covid-19: "Vamos a pedirle a los niños que sean más conscientes que los adultos y lleven la conciencia a casa"
Por Natalia Puga
O comité de seguimento posto en marcha en Vilanova de Arousa para abordar a alerta sanitaria da covid-19 decidiu recorrer aos máis pequenos do municipio para que axuden a poñer freo á expansión da enfermidade no municipio. Na súa reunión deste martes acordouse que a psicóloga municipal se incorpore ás campañas de prevención e poña en marcha unha serie de charlas en colexios e institutos para concienciar ao alumnado e que, de aí, a mensaxe chegue a todo a poboación.
"Vamos a pedirle a los niños que sean en eso más conscientes que los adultos", indicou o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, que explicou que o obxectivo é "que los niños lleven el mensaje a casa, que los niños lleven la conciencia a casa".
Durán explicou que este martes Vilanova atópase nun nivel contaxios duns 200 casos por cada 100.000 habitantes. O municipio leva dúas semanas na lista de localidades con restricións especiais pola súa alta porcentaxe de positivos e está entre os 50 municipios galegos con máis incidencia, de modo que desde o Concello queren que se tome conciencia da situación e se adopten medidas para frear a pandemia.
A nivel municipal, optarase por estas charlas no ámbito educativo e outras medidas de concienciación, pero tamén é necesaria unha actuación a nivel individual, "concienciarnos de que hay que bajar el contacto social".
O alcalde de Vilanova teno claro: "tenemos que hacer llegar a la población que hay una falsa sensación de seguridad en el ámbito familiar". Cre que hai conciencia do perigo de estar en contacto con persoas chegadas doutros lugares ou fóra do noso círculo máis íntimo, pero non de que os contaxios chegan de quen nos rodea.
Así, lembra que o 80% dos contaxios é no ámbito familiar e dos grupos de amigos, que o contaxio "no es en el trabajo ni en los bares, es en las casas y en las reuniones de amigos" e pon varios exemplos da forma na que se producen esas situacións de relaxación social que propician os contaxios.
Durán cre que a poboación pensa, por exemplo, "si viene a visitarme un hijo o un nieto que están fuera, ¿cómo me va a contagiar?" e cre que levaron a fama, por erro, os visitantes de Madrid, Barcelona ou México cando o risco estaba dentro de casa.
"La gente de aquí también contagia, la familia también contagia, con los amigos se contagia y en las pandillas de amigos se contagia", insiste, e fai un chamamento a que se reduzan ao máximo os contactos sociais, pois non se poden pechar as fábricas ou os negocios, de modo que a solución é ir de casa ao traballo e do traballo a casa ata que se poña freo á expansión da enfermidade.
Entre outros consellos, aconsella non só reducir as reunións sociais a seis persoas, senón facelo ao ámbito das persoas coas que convivimos. Ademais, aconsella que "da igual que sean hermanos, que sean hijos, si no viven con nosotros y vienen de un sitio que es peligroso, que no se quiten la mascarilla". En definitiva, que a poboación reproduza dentro de casa as medidas de seguridade que asume na rúa.