A CIG alerta de problemas de ventilación nas aulas do conservatorio de Manuel Quiroga
Por Redacción
O sindicato CIG- Ensino denuncia as condicións "insalubres e perigosas" nas que se están impartindo as clases no Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra. Desde a agrupación alertan que sen as condicións de seguridade sanitaria adecuadas o centro pode converterse nun foco de propagación do coronavirus.
Os problemas de ventilación no conservatorio xa foron denunciados hai máis de oito anos por este sendicato. Naquel momento xa se rexistraron mareos polas altas temperaturas.
Só se cambiaron as xanelas dunha aula, polo que a CIG volve denunciar que o centro carece da ventilación adecuada porque moitas das xanelas teñen unha escasa marxe de apertura que impiden airear a estancias.
Esixen que o servizo de prevención de riscos laborais avalíe as condicións de traballo no conservatorio e que se dote ao persoal dos equipos de protección adecuados para os seus postos de traballo. Así mesmo rexeitan o uso de biombos, debido a que retardan a renovación do aire.
Relacionadas:
-
Renovan as fiestras do conservatorio de música Manuel Quiroga
Por Redacción |
-
As aulas do Conservatorio Manuel Quiroga seguen sen ventilación
Por Redacción |
-
O Parlamento demanda á Xunta melloras no conservatorio de música de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Os problemas de ventilación no Conservatorio de Música Manuel Quiroga chegan ao Parlamento de Galicia
Por Redacción |