O Grove estende a campaña de desinfección en colexios aos parques infantís
Por Redacción
O equipo de emerxencias do Concello do Grove continúa coa campaña de desinfección dos espazos públicos do municipio.
A instalación dun xerador nun dos vehículos deste departamento, permite aos operarios empregar o nebulizador adquirido para a limpeza dos colexios nos parques infantís e noutras zonas da localidade.
A limpeza realízase a diario e supón o mantemento en boas condicións de seguridade estes espazos cuxo uso segue sendo frecuente e numeroso.
Desde o Concello manteñen o seu compromiso coa seguridade ao mesmo tempo que solicitan á cidadanía que siga tendo precaución e cumpra coas medidas de seguridade necesarias.
Relacionadas:
-
Investirán máis de 153.000 euros na desinfección dos parques infantís de Pontevedra
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
O Concello salienta o "importante papel" do Servizo de Emerxencias local na seguridade do Grove
Por Oskar Viéitez |
-
O Grove implanta o sistema de desinfección dos quirófanos nos seus centros educativos
Por Redacción |