Dous novos ingresos elevan a 24 os hospitalizados por covid-19 entre os 481 casos activos en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Ata 481 pacientes da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés teñen actualmente unha infección activa por covid-19. Así o recolle o balance do Servizo Galego de Saúde, que eleva en seis os casos activos. Nas últimas 24 horas detectáronse 37 novos contaxios.
Con respecto aos pacientes hospitalizados, 24 persoas están ingresadas actualmente nalgún hospital da área. Son dúas máis que este luns. Os máis graves, catro que se atopan na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo.
Os outros vinte están a ser atendidos en planta, quince en Montecelo, catro no Hospital do Salnés e un no hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.
O resto dos pacientes que contraeron o virus, outras 461 persoas, atópanse illados nos seus domicilios e recuperándose baixo supervisión médica.
Desde o inicio da pandemia 2.181 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 31 máis desde onte, e rexistráronse 26 falecementos asociados ao virus. A última, unha muller de Cuntis de 73 anos que estaba ingresada en Montecelo.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 55.071, 455 nas últimas horas. Desde onte, detectáronse 31 novos positivos por PCR. A estas probas súmanse as 37.064 seroloxías realizadas ata a data.
A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.215, 114 máis que o día anterior. Deles 876 son da área da Coruña, 497 da de Lugo, 1.479 da de Ourense, 481 da de Pontevedra, 831 da área de Vigo, 813 da de Santiago e 238 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 47 están en UCI, 277 en unidades de hospitalización e 4.789 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 23.812 persoas curadas, rexistrándose 831 falecementos.
Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 596.335 probas PCR e 385.088 probas serolóxicas que, nas últimas 24 horas, permitiron detectar a 343 infectados.
Relacionadas:
-
A covid-19, de novo disparada: 69 contaxios nun día e os hospitalizados son xa trinta, cinco deles na UCI
Por Alejandro Espiño |
-
Preventiva do Hospital recomenda a unha enfermeira que ignore o seu positivo no test rápido e que siga atendendo pacientes de Oncoloxía
Por Anxo Lourido |
-
Poio rebaixa o nivel de preocupación por covid-19 e permanece, como Pontevedra e Marín, en alerta laranxa
Por Natalia Puga |
-
O gromo de covid-19 en Oncoloxía do Provincial afecta xa a oito persoas
Por Alejandro Espiño |
-
Luisa Piñeiro, en corentena tras estar en contacto cun positivo en covid-19
Por Redacción |
-
Gromo de covid-19 en Oncoloxía do Provincial: seis pacientes dán positivo en coronavirus
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Falece unha muller de 73 anos que estaba ingresada por covid-19 no Hospital Montecelo
Por Redacción |
-
Alerta vermella en Poio ante o incremento dos contaxios por covid-19 nos últimos sete días
Por Redacción |
-
A área sanitaria de Pontevedra suma 38 novos contaxios e roza de novo os 500 casos activos
Por Alejandro Espiño |