Sogama lembra que as máscaras desbotables deben depositarse no contedor verde de residuos
Por Redacción
Sogama, co apoio da Consellería de Medio Ambiente, fai un chamamento á poboación para que asuma a súa responsabilidade coa eliminación das máscaras. Desde a empresa encargada da xestión e tratamento dos residuos urbanos en Galicia lembran que os habitantes dos 295 municipios galegos deben introducir estes elementos de protección nos contedores verdes xenéricos.
Unha vez depositadas nestes contedores, na planta de Cerceda serán sometidas a temperaturas superiores a 850 graos centígrados para sacarlle valor enerxético, segundo indican desde Sogama, e para eliminar os axentes patógenos que porten.
Alertan dos danos que este residuo supón para o medio ambiente no caso de que se abandone nun espazo natural. Tarda entre 300 e 400 anos en degradarse.
A través dun vídeo dirixido fundamentalmente ao público infantil lembran a necesidade de utilizar máscaras igual que personaxes de ficción como as Tartarugas Ninja, Batman ou Lady Bug pero lembran que o seu uso tamén conleva responsabilidade á hora de desfacerse delas. Sogama lembra que a alternativa máis ecolóxica é utilizar máscaras reutilizables comprobando que contan coa protección necesaria e o certificado que o acredite.
Tamén fai referencia a luvas e toallitas, que deben ter o mesmo destino: o contedor verde convencional. Os botes plátsicos de xel hidroalcohólico arroxaranse ao contedor amarelo de recollida selectiva para que se reciclen e convértanse en novos produtos.