Avanza a bo ritmo a humanización da travesía de Tenorio
Por Redacción
O Concello de Cerdedo Cotobade informa que "avanza a bo ritmo" a humanización da travesía de Tenorio. É unha obra que conta cun investimento conxunto Xunta-Concello de 800.000 euros.
Os traballos mellorarán os accesos do centro de saúde, centros educativos, turísticos, como o Mosteiro, establecementos comerciais e numerosas vivendas.
A intervención contempla a demolición das beirarrúas e a execución de dúas sendas por ambas as dúas marxes da estrada, cun ancho que duplicará o das antigas beirarrúas e contará cun bordo de protección.
Tamén se está habilitando unha zona específica destinada ao aparcamento de vehículos.
Outra das actuacións importantes que se están levando a cabo é a substitución da actual iluminación por un novo sistema con tecnoloxía LED, que se complementará con luz específica para os pasos de peóns, tanto vertical como horizontal.
Para completar toda a mellora, a actuación inclúe a execución de dous muros de contención, o retranqueo do saneamento de pluviais e o reforzo da sinalización.
Paralelamente a estes traballos estanse a acometer tamén as obras de mellora do saneamento, que supoñen a execución dunha rede de colectores e unha nova depuradora, cun investimento de 1,7 millóns de euros e que se atopan tamén na súa recta final e tamén se está a construir o centro sociocultural de Tenorio que, cun investimento de 583.092 euros, albergará gran parte da actividade cultural e social desta parroquia do municipio.
Relacionadas:
-
Inxección de 440.000 euros para completar a humanización da travesía de Tenorio
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
O Concello de Cerdedo-Cotobade retoma a actividade política con importantes obxectivos
Por Redacción |
-
A humanización da entrada e saída da vila de Cerdedo entra na recta final
Por Redacción |
-
Cubela estuda facer un aparcadoiro xunto ao instituto de Tenorio
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade saca a contratación a senda peonil de Tenorio
Por Redacción |
-
A conselleira de Infraestruturas supervisa as obras de mellora da seguridade viaria na travesía de Tenorio
Por Redacción |
-
As beirarrúas da travesía interior de Tenorio serán o dobre de anchas
Por Redacción |
-
Retoman a obra do centro sociocultural de Tenorio coa instalación da estrutura xeral
Por Redacción |