Inxección de 440.000 euros para completar a humanización da travesía de Tenorio
Por Natalia Puga & Cristina Saiz
A travesía de Tenorio, o eixo central da parroquia máis poboada de Cerdedo-Cotobade e lugar de múltiples equipamentos, completará o seu proceso de humanización grazas a unha nova inxección de fondos de 440.000 euros por parte da Xunta de Galicia e o Concello.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, acompañados polo delegado territorial da Xunta, Agustín Reguera, asinaron este mércores o convenio que o fará posible.
A travesía de Tenorio empezou a humanizarse xa coa primeira fase dunha actuación rematada no ano 2021 cun orzamento de 800.000 euros, pero faltáballe unha segunda fase para completar a mellora da mobilidade.
Desta maneira, con este novo convenio, recibirá un total de 1,2 millóns de euros. Da achega nova asinada este mércores, 310.000 euros serán fondos da Xunta e 130.000 do Concello.
Esta actuación supón completar un itinerario peonil de 600 metros da estrada, pola marxe dereita, dándolle continuidade ao xa habilitado con anterioridade na primeira fase.
Ethel Vázquez explicou que o proxecto, que o Concello xa ten "moi avanzado", suporá demoler as beirarrúas existentes, que están moi deterioradas e teñen un ancho variable, substituíndoas por unhas novas, máis anchas e accesibles, ao igual que xa se fixo na primeira fase.
Tamén se van limpar ou renovar as redes de saneamento e pluviais, mellorarase a iluminación, soterrarase parte da canalización aérea existente e nos pasos de peóns vaise instalar iluminación horizontal e vertical.
O obxectivo final é "reforzar a seguridade" e "facilitar os desprazamentos as pé" nestas travesía da que a conselleira lembrou que "ten importantes equipamentos" como o mosteiro, o centro de saúde, o centro sociocultural e diferentes establecementos comerciais.
Cubela agradeceu a "colaboración intermunicipal da Xunta" e o "apoio sempre" de Ethel Vázquez aos concellos do rural.
Relacionadas:
-
A Xunta compromete unha depuradora para Viascón e rematar o saneamento de Tenorio
Por Redacción |
-
As obras da segunda fase da humanización de Tenorio comezarán o 20 de setembro
Por Redacción |
-
Ethel Vázquez supervisou o resultado dos traballos na Travesía de Tenorio
Por Redacción |
-
Cubela cualifica de récord os 10 millóns de euros investidos nas obras realizadas no municipio durante 2021
Por Redacción |
-
Comeza o acondicionamento interior do Centro Sociocultural de Tenorio
Por Redacción |
-
Avanza a bo ritmo a humanización da travesía de Tenorio
Por Redacción |
-
A conselleira de Infraestruturas supervisa as obras de mellora da seguridade viaria na travesía de Tenorio
Por Redacción |
-
As beirarrúas da travesía interior de Tenorio serán o dobre de anchas
Por Redacción |
-
A senda peonil de Tenorio estará en construción neste mesmo ano
Por Redacción |
-
Luz verde para unha senda peonil de 800.000 euros en Tenorio
Por Redacción |