Cubela cualifica de récord os 10 millóns de euros investidos nas obras realizadas no municipio durante 2021
Por Redacción
Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade, analizou os últimos doce meses para realizar un balance "moi positivo" desde o punto de vista das infraestruturas executadas no municipio cun investimento que supera os dez millóns de euros e que considera un "récord".
Recentemente inaugurábase o Centro Sociocultural de Tenorio cun orzamento de 620.000 euros para un espazo con capacidade para albergar actos de ata 300 persoas. Outra dos proxectos que destaca é o da posta en funcionamento da estación depuradora de Tenorio á que se destinaron 1.800.000 euros. Esta instalación atópase en período de probas e terá como finalidade mellorar o saneamento desta parroquia, que se atopa nunha fase de crecemento de poboación, ademais contará con 200.000 euros máis para permitir o enganche de catro pistas que quedaron fóra inicialmente. Precisamente investíronse 800.000 euros no proxecto de humanización de toda a travesía interior da parroquia. Tamén se completou a senda peonil que une o CEIP de Tenorio con zonas deportivos e co propio instituto.
Concluíu tamén en 2021 a mellora do local de ensaio da Banda de Música Unión Musical de Tenorio. E, segundo expón o alcalde, a Banda de Música de Cerdedo mellorará o seu espazo de ensaio este 2022 cun proxecto que supoñerá 70.000 euros de investimento.
Unha das obras da que se mostra máis satisfeito o rexedor céntrase na regularización e legalización das augas mineromedicinales e termais dos Baños de San Xusto, que se completou coa decisión das consellerías de Industria e de Sanidade para poñer en marcha a estación balnearia e termal cunha cantidade de 700.000 euros.
1.700.000 euros foi a cantidade destinada á construción da Residencia de maiores de Cerdedo, que se incrementa con outros 215.000 euros para o equipamento das instalacións. Tamén está prevista a creación dunha Residencia de Maiores en Carballedo con 3.000.000 de euros.
En materia sociocultural tamén entrou en funcionamento o Centro Turístico Cultural Antonio Fraguas de Carballedo, que practicamente está finalizado con medio millón de euros para rehabilitar o edificio do antigo salón de baile. Cubela lembra tamén o traballo que se realizou para reconverter as antigas vivendas de mestres en Cerdedo e a Casa do Médico en Carballedo para que sexan vivendas sociais en réxime de alugueiro para un total de 14 familias. En total, estes proxectos sitúanse en 1.423.000 euros. Ademais, o ximnasio de Cerdedo ampliouse cun montante de 80.000 euros.
O rexedor tamén recolle no seu balance os máis de 22.000 euros para melloras na Escola Infantil Galiña Azul de Tenorio e os 29.000 euros en obras do patio exterior do CEIP de Tenorio para cubrir o espazo cunha lona e construír un muro de contención exterior.
Noutros apartados, sinala que o Concello investiu 46.000 euros en limpeza e rehabilitación das pontes de Serrapio-Pedre, Fentáns e Parada de Cerdedo. Tamén, a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, financiouse a limpeza da contorna dos petróglifos e do patrimonio arqueolóxico, creación dunha ducia de roteiros saudables e a conservación da rede viaria de camiños municipais.
Relacionadas:
-
Inxección de 440.000 euros para completar a humanización da travesía de Tenorio
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
A ampliación da residencia de maiores de Cerdedo-Cotobade eleva a 64 as prazas públicas no municipio
Por Redacción |
-
Cotobade dedica a Antonio Fraguas o seu novo centro cultural e turístico en Carballedo
Por Redacción |
-
O ximnasio municipal de Cerdedo-Cotobade estrea equipamento
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade estuda as opcións para acceder aos recursos públicos de rehabilitación municipal da Xunta
Por Redacción |
-
Ethel Vázquez supervisou o resultado dos traballos na Travesía de Tenorio
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade dispón xa doutras oito vivendas rehabilitadas para alugueiro social
Por Redacción |
-
Completan a rehabilitación dos Baños do San Xusto cunha ruta de sendeirismo
Por Redacción |
-
A recuperación dos Baños do San Xusto, un "soño colectivo" que xa é unha realidade
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |