A Xunta compromete unha depuradora para Viascón e rematar o saneamento de Tenorio
Por Redacción
A Xunta de Galicia confirma que porá en marcha unha depuradora en Viascón, en Cerdedo-Cotobade, e que fará as obras necesarias para completar o saneamento de Tenorio.
Así o confirmou o Goberno galego este luns despois dunha reunión entre a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, en San Caetano.
Os dous políticos abordaron novos proxectos de mellora do saneamento no municipio e a conselleira adiantou que Augas de Galicia contratará a redacción do proxecto construtivo para a execución dunha depuradora na parroquia de Viascón, unha vez que o Concello xa ten realizada unha auditoría que acredita a necesidade de execución desta nova infraestrutura hidráulica.
A conselleira tamén confirmou que o proxecto para dotar de saneamento a novos núcleos da parroquia de Tenorio que non dispoñen actualmente deste servizo municipal xa está supervisado e se está a ultimar o convenio entre a Xunta, a través de Augas de Galicia, e o Concello para a súa materialización.
Trátase de dar resposta á solicitude trasladada polo alcalde, para completar o saneamento aos núcleos de Covas, A Torre Vella e O Río Tenorio. A nova intervención, que permitirá ampliar a rede de saneamento ata o lugar da Torre Vella e completar a rede actual de Tenorio, suporá un investimento de arredor de 295.000 euros.
Ademais, Ethel Vázquez avanzou que a Axencia Galega de Infraestruturas ten previsto redactar o proxecto correspondente á mellora da estrada autonómica PO-230, que conecta Campo Lameiro e o lugar de Vichocuntín, en Cerdedo-Cotobade.
O obxectivo é poder sometelo ao trámite de información pública no segundo trimestre do vindeiro ano.
Relacionadas:
-
A Xunta dá luz verde ao convenio para completar o saneamento en Tenorio
Por Redacción |
-
O I Encontro Tradicional Antonio Fraguas homenaxeou a Ricardo Portela, Wenceslao "Polo" e Hipólito Cabezas
Por Redacción |
-
As obras da segunda fase da humanización de Tenorio comezarán o 20 de setembro
Por Redacción |
-
Inxección de 440.000 euros para completar a humanización da travesía de Tenorio
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Ethel Vázquez supervisou o resultado dos traballos na Travesía de Tenorio
Por Redacción |