Alerta na Peralba por una vertedura de chapapote detectada nun regacho de Marcón
Por Alejandro Espiño
Ata setenta metros de longo e un grosor duns dez centímetros. É o gran tamaño da mancha de aglomerado asfáltico, coñecido popularmente como chapapote, que detectaron varios veciños da Peralba (Marcón) nas inmediacións das súas leiras.
A vertedura, que procede da nave dunha empresa construtora que recentemente cesou a súa actividade, afectou a un regacho da zona e foise estendido nas últimas semanas.
A Policía Local, que acudiu ao lugar tras as chamadas dos veciños ao 112 Galicia, certificou que o chapapote saíra de dous bidóns que foran cortados. O material contaminante foi caendo pola chaira da nave ata que acabou no regato.
Unha persoa foi identificada por esta vertedura, pero ata o de agora descoñécese se se trata dun representante autorizado da compañía propietaria da nave.
Foi quen cortou a cisterna, recoñecendo que creía que o que había no seu interior era auga, e que o fixo co fin de poder baleirala. Asegurou que cando realizou esa acción era de noite e non puido comprobar que tipo de líquido saía.
Desde o goberno municipal, a portavoz Anabel Gulías asegurou que as dilixencias policiais por eses feitos xa foron postas en coñecemento dos xulgados, ao entender que esta "grave actuación" podería supoñer un delito contra o medio ambiente.
A vertedura, segundo as primeiras investigacións, comezou hai unha semana, pero non foi advertido por ninguén ata que os primeiros restos de chapapote comezaron a chegar ás propiedades particulares de varios veciños.
As autoridades están a tratar de atallar este episodio e confían en que todo o chapapote estea retirado mañá, tras as tarefas de limpeza que se están executando nestes momentos. O autor da vertedura traeu unha cuba e unha pa para limpar o terreo afectado de monte comunal e de fincas privadas.
Relacionadas:
-
O último proxecto para completar o núcleo da Peralba, en marcha desde este martes
Por Redacción |
-
Denuncian a aparición de catro aves de curral mortas no Gafos
Por Redacción |
-
Eliminan dous puntos de vertido de augas fecais que chegaban ao río Lérez procedentes dunha vivenda
Por Redacción |
-
Denunciado un veciño de Poio por unha vertedura de pintura que afectou á estación de bombeo
Por Oskar Viéitez |