Devolven a corda roubada na senda peonil do Con da Romaíña
Por Redacción
A Garda Civil abriu unha investigación polo roubo de varios metros de corda da delimitación da senda peonil do Con da Romaíña. O roteiro foi marcada a finais da semana pasada con corda e estacas dentro dos traballos de posta en valor do espazo natural en Nantes.
As pescudas avanzaron grazas á colaboración cidadá. Un viandante que paseaba pola contorna este domingo ao mediodía puido ver como unha persoa introducía a corda no maleteiro dun vehículo estacionado no espazo e marchábase do lugar.
Este veciño que tomou os datos da matrícula puxo os feitos en coñecemento da Policía Local de Sanxenxo que tras comprobar os datos descubriu que o propietario do coche vive nun concello limítrofe e trasladou as dilixencias á Garda Civil.
Finalmente este home, voluntariamente, presentouse na comisaría de Sanxenxo para devolver a corda.
O veciño identificado é de Meaño polo que, cando menos, sancionaranlle por saltarse o perímetro marcado por Sanidade.
O goberno local lamenta este tipo de actos a apenas uns días da súa colocación e tras apostar por mellorar a contorna natural co acondicionamento dunha senda.