O Con da Ventureira, o da Romaíña, A Lanzada e o Chan da Gorita terán paneis interpretativos
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo quere dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio cultural do municipio a través de paneis interpretativos cun código QR que conteña un vídeo explicativo das lendas e ritos asociados ao Con da Ventureira, Con da Romaíña, A Lanzada e o Chan dá Gorita.
O proxecto valorado en case 7.500 euros acaba de recibir unha subvención da Deputación de Pontevedra.
O obxectivo é achegar a veciños e visitantes a riqueza patrimonial do municipio de forma interactiva e tamén a través de catro paneis de materiais resistentes á intemperie e o vandalismo, harmonizados coa contorna natural. Os vídeos terán duracións diferentes e tratarán distintos temas.
Se falará da historia, a etnografía, a arqueoloxía e do seu valor etnográfico.
O Concello de Sanxenxo quere deste xeito aumentar a oferta de roteiros e de bens patrimoniais visitables que ofrece Sanxenxo, facendo especial fincapé na revalorización do patrimonio inmaterial para aumentar e diversificar a oferta cultural. En definitiva, usar o patrimonio cultural como un catalizador para un maior dinamismo económico e como factor de desenvolvemento local, tanto no cultural como no económico e turístico.