Persoal do Plan Revitaliza traslada información á veciñanza sobre a compostaxe
Por Redacción
Unha carpa situada nas proximidades do Centro de Saúde e da zona de máis actividade comercial no municipio da Lama converteuse este mércores no centro onde numerosas persoas achegáronse para obter información do persoal de Revitaliza sobre o funcionamento dos composteiros individuais.
Ademais, as persoas que se achegaban podían inscribirse que se mantén aberto ata que se entreguen os 200 composteiros dos que consta a primeira fase deste Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, que desenvolve o Concello da Lama, co apoio económico da Consellería de Medio Ambiente e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Jorge Canda, alcalde da Lama e o concelleiro Daniel Vidal achegáronse ata a instalación e manifestaron que esta iniciativa conta con seguimento sobre todo entre a poboación que dispón dunha horta ou un espazo ao aire libre para instalar o composteiro individual que lle permite elaborar compost para utilizar como abono para plantas de cultivo ou para especies ornamentais.
As persoas que estean interesadas en obter un composteiro deben de estar empadroadas no Concello da lama e deben solicitalo nas dependencias municipais ou chamar ao teléfono 986.768.238. Deberán faciitar o nome, apelidos, número do DNI, dirección e referencia catastral da vivenda, ademais deberán dispoñer dun espazo de xardín de aproximadamente 50 metros cadrados para a instalación e comprometerse a realizar un uso responsable do composteiro, de maneira que se eliminen os residuos orgánicos que se orixinen na vivenda.
Relacionadas:
-
O Plan Revitaliza volve ás aulas tras as festas con obradoiros didácticos sobre compostaxe
Por Redacción |
-
2020 remata con 47 concellos da provincia adheridos á compostaxe do Plan Revitaliza
Por Redacción |
-
Nova entrega de composteiros no municipio da Lama
Por Redacción |
-
Os composteiros do Plan Revitaliza na Cañota e O Sequelo xa levan tratadas once toneladas de biorresiduos
Por Redacción |
-
Os comerciantes da Lama reciben a visita do persoal de Revitaliza para empezar a compostar
Por Redacción |
-
A compostaxe, un "potencial aliado" contra os incendios forestais
Por Redacción |
-
O Plan Revitaliza inicia o curso nos centros de ensino
Por Oskar Viéitez |