Sábado de iluminación de Nadal nas sete parroquias de Sanxenxo
Por Redacción
Este sábado 5 de decembro acenderase a iluminación do Nadal nas sete parroquias do municipio de Sanxenxo. A hora prevista do inicio da iluminación márcase ás 18.30 horas sen que leve a cabo un acto de inauguración nin outra actividade. A intención do goberno local é evitar aglomeracións de público que poidan poñer en risco á poboación.
Dez recunchos atópanse xa adornados con 262 elementos decorativos e a iluminación destes espazos permanecerá ata o 10 de xaneiro. Con esta iluminación especial desde o Concello queren animar a adultos e menores a realizar as compras nos establecementos do municipio coa estimulación da actividade comercial hostaleira neste ano complicado para a actividade económica debido á pandemia.
O goberno de Telmo Martín anuncia que non haberá celebración da cabalgata de Reis Magos e tampouco será posible instalar a carpa do Nadal para evitar as aglomeracións. A cambio, a iluminación destas festas ascenda a 95.000 euros coa idea de compensar a ausencia doutras actividades. O alcalde afirmaba que "Sanxenxo aposta pola alegría, a esperanza e a confianza en que 2021 será moi distinto porque poderemos recuperar a vida tal e como era antes".
Relacionadas:
-
Melchor, Gaspar e Baltasar cambian a cabalgata por unha recepción no porto deportivo
Por Redacción |
-
Sanxenxo rozará os 100.000 euros de investimento na súa iluminación de Nadal
Por Redacción |
-
A iluminación de Nadal de Sanxenxo incluirá 'recunchos de Nadal' por todo o municipio
Por Alejandro Espiño |
-
A iluminación de Nadal de Sanxenxo incluirá 'recunchos de Nadal' por todo o municipio
Por Alejandro Espiño |