Trescentas familias de Marín están a recibir a axuda das ong que operan no municipio
Por Redacción
Este luns o Concello de Marín iniciou a Semana da Solidariedade que promove anualmente por estas datas. Con tal motivo a concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, reuníase con representantes das ong's que operan no municipio para ter información de primeira man sobre a acción social que desenvolven e coordinar igualmente a recollida de produtos que comezou entre a comunidade educativa.
Unha situación que se evidenciaba na reunión é o incremento de familias que no municipio requiren actualmente de asistencia social, consecuencia en boa medida de cambios na situación laboral. Nestes momentos está a prestarse axuda a preto de trescentas familias.
"Este ano necesitamos máis que nunca, axudar e colaborar, porque a crise sanitaria tambén está a converterse nunha fonda crise económica", manifestaba Sanmartín. Así, avanzou que ademais da axuda que se solicite o Concello achegará algo máis de 4.000 euros.
Ata o venres os estudantes dos centros educativos marinenses poden levar alimentos non perecedoiros, produtos do Nadal, así como produtos de hixiene persoal e de limpeza, que posteriormente o Concello repartirá entre as organizacións solidarias para que estas fáganas chegar aos seus destinatarios finais.
Relacionadas:
-
Marín busca familias para o proxecto de atención a adolescentes "Convive Comigo"
Por Redacción |
-
Marín renovará a súa axuda anual ás ONGs da vila
Por Oskar Viéitez |
-
Os colexios de Marín reúnen unha tonelada de alimentos para repartir entre as ONG
Por Redacción |
-
A hostalería escenifica o seu enterro tras unha reapertura parcial “totalmente insuficiente”
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Marín en Rede presenta o vídeo da campaña '#EmbaixadoresDoNoso'
Por Redacción |
-
O Concello de Marín convoca unha recollida solidaria de alimentos entre os centros educativos do municipio
Por Redacción |