Marín renovará a súa axuda anual ás ONGs da vila
Por Oskar Viéitez
A atención social é un traballo fundamental da administración local marinense, que é consciente do apoio que supón para o Concello o "inestimable labor que realizan as organizacións sen ánimo de lucro da localidade".
O Concello de Marín aporta unha subvención nominativa anual a estas entidades, para axudar a sufragar os gastos da súa actividade. En total, esta inversión ascenderá este ano a 14.500 euros.
De xeito concreto, o Comedor benéfico das voluntarias da Caridade San Vicente de Paúl recibirá 5.000 euros; Cáritas Santomé, 500 euros; Amor en acción (Amenac), 1.500 euros; SOS Marín, 2.000 euros; a Asociación Española contra o Cancro, 4.000 euros; Sor Elvira, 1.500 euros.
O obxectivo destas axudas, tal e como expón o Goberno local, "é poder axudar ás asociacións a que poidan levar a cabo a atención social dos seus usuarios e usuarias do mellor xeito posible".
A esta subvención puntual, súmanse outras iniciativas que se promoven desde o Concello como a campaña solidaria de recollida de alimentos que se leva a cabo no Nadal. Esta Semana da Solidariedade conseguiu recabar cerca dunha tonelada de alimentos.
Neste ano, nas diversas reunións mantidas entre las ONGs e o Concello, todas as organizacións coincidiron en facer unha análise pesimista da situación, debido ás dificultades económicas que acarrea a crise sanitaria que estamos a atravesar. "En xeral, todos apuntan a un aumento do número de familias que atenden, incluso dalgunhas que veñen desde Pontevedra", asegura Sanmartín.
Por iso, estas axudas, así como outras campañas que se desenvolverán ao longo do ano "son primordiais, hoxe más ca nunca", afirman desde o Concello de Marín.