A Xunta de Galicia ofrece un cribado voluntario a persoal asociado a CCU Zona Monumental
Por Redacción
A Xunta de Galicia, a través de Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, concedeu 176.000 euros aos establecementos de Pontevedra dentro das axudas para dixitalización e novas formas de comercialización.
Así llo comunicaba este mediodía Luisa Piñeiro, delegada da Xunta de Galicia en Pontevedra, aos representantes do Centro Comercial Urbano Zona Monumental durante a súa visita á sede deste colectivo no inicio do arranque da campaña de Nadal. Piñeiro quixo tamén comunicar o apoio do goberno da Xunta a todo o sector nestes momentos de crise económica derivada da pandemia.
Precisamente, a delegada territorial comunicou que a comunidade autónoma trasládalles unha proposta para realizar un cribado voluntaria de detección da covid-19, a través de probas PCR, ás máis de 100 persoas asociadas que forman parte de Zona Monumental.
"Creo que é unha boa medida dada a incidencia de Pontevedra e a necesidade de seguir axudando e apoiando, por todos os medios, ao comercio local da cidade, xa que esta proposta de control sanitario favorecerá a seguridade, outorgará tranquilidade e dará confianza á clientela", afirmaba a representante autonómica explicando que nos próximos días concretaranse os detalles desta iniciativa.
Na reunión á que tamén asistía o portavoz municipal do PP Rafa Domínguez informouse das axudas achegadas polo executivo galego, que outorgou 33.000 euros ao colectivo comercial para realización dun investimento de case 45.000 euros a executar en accións de dinamización comercial na presente campaña do Nadal e no pasado Entroido.
Tamén, segundo explicaba Luisa Piñeiro, outorgáronse 143.226 euros en axudas a 24 establecementos comerciais da cidade para realizar iniciativas de innovación, dixitalización e novas formas de comercializar os produtos
A delegada territorial mantivo unha charla con Miguel Ángel Lago Rey, presidente de CCU Zona Monumental, e con outros integrantes do equipo desta asociación para ter coñecemento da situación do sector, marcado polos efectos socioeconómicos actuais e mostrar o seu apoio á actividade económica deste colectivo do centro histórico.
Ademais, desde a Xunta trasladouse a esta asociación comercial que as empresas asociadas a CCU Zona Monumental poden solicitar as compensacións das tres liñas do Plan de Rescate de Autonómos da administración autonómica, que contan con ata 84 millóns de euros. O prazo de solicitude mantense ata os días 18 e 28 deste mes de decembro.
Relacionadas:
-
Microempresas, autónomos e establecementos hostaleiros serán os principais beneficiarios do Plan de rescate da Xunta
Por Redacción |
-
O PP de Pontevedra esixe ao Goberno que asuma os seus plans económicos para apoiar o orzamento municipal
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta concede 620.000 euros en subvencións a 9 asociacións e 53 comercios do Salnés
Por Redacción |