As intensas precipitacións nocturnas provocan o desbordamento do río Gafos

Por Redacción

© Francisco Abilleira

© Vaipolorío
As intensas choivas rexistradas durante a madrugada deste mércores 16 de decembro provocaron que as augas do río Gafos desbordasen do seu leito e provocase inundacións nos terreos que bordean o seu paso no tramo entre a estación de autobuses e o barrio de Campolongo, ocupando nalgúns tramos o carril para viandantes
Segundo os datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía durante a 01.00 e as 05.00 horas rexistráronse precipitacións intensas que chegaron aos 15,6 mm/hora sobre as 04.00 horas na estación meteorolóxica de Pontevedra.
A medida que as choivas foron remitindo co avance da xornada, as augas volveron ao seu leito sen que se rexistrasen incidentes graves. Agárdase que as choivas desaparezan ao longo desta xornada e tamén durante o xoves 17, aínda que os ceos permanecerán nubrados e pode rexistrarse algunha precipitación de carácter débil, segundo o servizo de MeteoGalicia.
QUEIXA DE VAIPOLORÍO
Pola súa banda, a asociación ecoloxista Vaipolorío puxo en coñecemento da Dirección Xeral de Ferrocarrís o mal estado que presenta a escaleira que dá acceso ao carreiro do río Cocho, tamén coñecido como Toxal, Tomeza ou Gafos.
Trátase dunha escaleira de madeira que pertence a esta entidade e o colectivo que se encarga da limpeza do Gafos de maneira altruísta demanda a limpeza e o mantemento desta estrutura. Alertan de que a presenza de verdello e vexetación que se produce nesa contorna provoca esvaróns e caídas das persoas que pasean por esta zona do carreiro do río.
O Gafos desbórdase en Pontevedra
As fortes chuvias provocaron que a auga saira do leito ao seu paso pola zona urbana de Pontevedra
© Francisco Abilleira
Relacionadas:
-
Sendas de formigón e madeira para facilitar o acceso dos escolares de Campolongo
Por Redacción |
-
Peche indefinido do paseo do Gafos en Campolongo por risco de derrubamento
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Reforma de 50 metros do sendeiro fluvial dos Gafos afectados polas escorras das enchentes
Por Redacción |
-
Denuncian a aparición de catro aves de curral mortas no Gafos
Por Redacción |
-
Nova vertedura de augas fecais ao río Gafos
Por Manu Otero |