Defensa alcanza un principio de acordo cos comuneiros de Figueirido, San Xulián e Vilaboa polos terreos da Brilat
Por Oskar Viéitez
Fontes oficiais da Secretaría de Estado de Defensa confirmaron a PontevedraViva un principio de acordo coas comunidades de Montes de Figueirido, San Xulián e Vilaboa sobre o futuro dos terreos que ocupa a base da Brilat e cuxa propiedade foi devolta aos veciños polos tribunais.
Un equipo de profesionais da Xerencia de Infraestrutura e Equipamento da Defensa negociaron estes días cos comuneiros e trasladan que existe unha "gran posibilidade de acordo".
Segundo estas mesmas fontes, a oferta posta sobre a mesa é cualificada como "razoable" por parte dos responsables do Ministerio, e foi "moi ben aceptada" polos veciños.
En concreto, o Estado está disposto a pagar mil euros por hectárea de terreo. En total a base General Morillo da Brilat necesita 140 hectáreas.
A proposta de acordo é a mesma para as catro comunidades de montes, tamén para Salcedo "non vai haber un acordo distinto".
Dende a Secretaría de Estado non ocultan o seu "optimismo" sobre as posibilidades de pechar o acordo.