Defensa e os comuneiros asinan a paz, tras cinco anos de conflito polos terreos ocupados pola Brilat

Por Anxo Lourido

CC BY-NC-SA PontevedraViva

CC BY-NC-SA PontevedraViva
Cinco anos de negociacións, de encontros e desencontros, entre o ministerio de Defensa e os comuneiros de Montes finalizaron coa sinatura do convenio que se plasmou este mércores 16 na Delegación de Defensa e que regula os espazos de uso para a Brilat durante os próximos 75 anos a través dunha cesión de 123 hectáreas que leva consigo o pagamento dun canon ás comunidades, propietarias dos terreos.
Esta mañá acudiron á firma representantes das comunidades de Salcedo, Figueirido e Vilaboa mentres que os membros de San Xulián, tamén afectada, realizará o trámite nos próximos días. Para o presidente da comunidade de Montes de Salcedo, Fernando Pintos, hoxe é un día "histórico" e espera que a partir de agora se resolva o conflito mantido durante os últimos anos. Avanzou que realizarán un seguimento estrito do convenio que, entre outros aspectos, impide realizar manobras en zonas libres e obriga a Defensa a derrubar a aldea afgá que se empregaba para prácticas militares no prazo de ano e medio a partir da firma do convenio.
A comunidade de Salcedo cede 71 hectáreas que levan consigo un canon anual de 128.300 euros, segundo manifestou Fernando Pintos. O presidente deste colectivo indicou que as zonas liberadas terán agora que ser recuperadas: "tal e como deixaron o monte imos necesitar uns anos esas cantidades para recuperalo e poñelo en valor". Precisamente en setembro manterán unha asemblea comunal para estudar que traballos se desenvolven.
Pintos indicou que teñen 30 hectáreas recuperadas polas tallas que se acometeron pero que os terreos están cheos de especies invasoras e deformacións provocadas polas minas que se empregaron durante os exercicios militares. "Tratamos de recuperar os camiños orixinais que eles destruíron. Facer limpeza, poda e repoboación. ÿ custoso", concluíu Fernando Pintos.
PENDENTES DO RECURSO
Os presidentes das comunidades de Montes de Vilaboa e Figueirido,José Luis López e Constantino Lamoso, afirmaron que a firma é importante pero non definitiva, xa que están pendentes do recurso presentado polo avogado do Estado. López e Lamoso afirmaron que agardan que ese recurso se retire en setembro, tras ter mantido conversas nese sentido, e que, desta forma, comecen a cobrar os pagamentos que lles corresponden polo convenio dende xaneiro deste ano. No caso de que o Tribunal Supremo dictaminara en contra das comunidades, o convenio asinado con elas por parte de Defensa quedaría sen validez.
En Vilaboa, a cesión é de máis de 20 hectáreas cun canon de 30.000 euros anuais e, sobre todo, esperan que na zona de Poste Mirón, na Graña se deixen de realizar as prácticas militares durante as noites.
Pola súa banda, en Figueirido, a cesión é de máis de 10 hectáreas cunha achega de 29.000 euros, segundo indicou Constantino Lamoso, que indicou que a súa comunidade pretende crear unha zona de recreo na subida ao Lago de Castiñeiras. "Está un pouco abandonado" lamentouse o presidente comunal que quere mellorar o acceso ao parque natural.
Fernando Pintos avalía a sintaura do convenio con Defensa para a cesión de terreos á Brilat
Fernando Pintos. Presidente da Comunidade de Montes de Salcedo
CC BY-NC-SA PontevedraViva
As comunidades de Vilaboa e Figueirido agardan que Defensa retire o recurso
José Luis López. Presidente da Comunidade de Montes de Vilaboa
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Relacionadas:
-
O novo xeneral da Brilat márcase como reto ampliar espazos de adestramento fóra da base
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Salcedo celebra por segunda vez a súa Festa da Veciñanza Comuneira
Por Redacción |
-
O Supremo rexeita o recurso de Defensa sobre a propiedade de montes de Vilaboa e Figueirido
Por Oskar Viéitez |
-
O convenio entre Defensa e Salcedo está rematado e pendente só do informe da Xunta
Por Natalia Puga |
-
O novo xeneral da Brilat: "En paz con los comuneros hemos estado siempre"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
Defensa entrega aos comuneiros o convenio que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2014
Por Oskar Viéitez |